- En 2021 recicláronse 570.000 toneladas, un 3,2% máis, acadando este material un novo récord
- Isto representa un aforro total de emisións de GEI de 4,7 millóns de toneladas de CO₂eq., equivalente á cantidade anual de GEI producida por unha cidade europea de máis de medio millón de habitantes
Cerceda, a 1 de marzo de 2024.- Tal e como se recolle no último informe de Metal Packaging Europe e European Aluminium, en 2021 recicláronse 570.000 toneladas de aluminio de latas de bebidas na Unión Europea, Reino Unido, Suíza, Noruega e Islandia, o que supón un aumento de 60.000 toneladas respecto do ano anterior, é dicir, un 3,2% máis, e un novo récord para este material, que acada unha taxa de reciclaxe do 76%.
Isto representa un aforro total de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) de 4,7 millóns de toneladas de CO₂eq., equivalente á cantidade anual de GEI producida por unha cidade europea de máis de medio millón de habitantes.
Os fabricantes de latas de bebidas (membros de Metal Packaging Europe) e os seus provedores de aluminio (membros de European Aluminium) consideran este aumento da taxa de reciclaxe como un testemuña dos esforzos da industria e a cadea de subministración para mellorar a recuperación deste material.
Incluso varios Estados membros da UE seguen tratando de acadar o 90% de reciclaxe ou máis. A industria, de feito, apoia uns obxectivos de recollida selectiva máis ambiciosos para os envases de bebidas, como as latas de aluminio, tal e como se contempla na proposta de Regulamento de envases da UE.
En consecuencia, ambas as dúas organizacións piden aos Estados membros que apliquen sistemas de depósito, devolución e retorno (SDDR) equilibrados, xa que isto contribuirá a avanzar cara a unha solución totalmente circular para as latas de bebidas a través da reciclado «lata a lata».
E é que, aínda que as latas usadas poden reciclarse facilmente noutros produtos de aluminio como pezas de automóbiles ou bicicletas, os fabricantes de envases buscan cada vez un maior contido reciclado nas súas latas novas.
Os fabricantes de latas uníronse recentemente a outros líderes da industria na COP 28 nun chamamento para acelerar a circularidade das latas de aluminio para bebidas e contribuír a Net Zero 2050″, afirma Krassimira Kazahska, CEO de Metal Packaging Europe. «O aluminio é un material ‘permanente’, o que significa que pode ser reciclado múltiples veces a través de procesos de reciclaxe de alta calidade sen perder as súas propiedades inherentes», engade.
Fonte: Residuos Profesional