- As latas de bebidas pódense reciclar un número infinito de veces sen perda de calidade nin de cantidade, constituíndo todo un exemplo de economía circular.
- Os bos resultados alentan ao sector a ser máis ambicioso e, tanto a Asociación de Latas de Bebidas como os seus proveedores, confían en que esta taxa siga a aumentar durante a próxima década.
- Así mesmo, cabe recordar que a lata de bebidas experimentou grandes avances en termos medioambientais. É o caso dunha redución importante no uso de material e a mellora na eficiencia da súa fabricación, diminuíndo nun 35% o consumo de electricidade.
Cerceda, a 28 de xaneiro de 2020.- Máis de 118.000 toneladas de latas de bebidas, tanto de aceiro como de aluminio, recicláronse en España en 2018 para converterse en novas materias primas, xerando importantes aforros enerxéticos.
Con independencia do material, formato, cor ou deseño, as latas de bebidas son 100% reciclables e poden someterse a proceso de recuperación de forma infinita, sen perda de calidade nin cantidade, erixíndose nun claro de exemplo de economía circular. Grazas á reciclaxe, o 75% do metal producido pola humanidade ao longo da súa historia está aínda en uso.
A Asociación de Latas de Bebidas agradece a colaboración de millóns de cidadáns que, tras consumir a súa lata, deposítanna nos contedores amarelos para garantir o seu posterior reciclado. Os bos resultados alcanzados alentan ao sector a se rmáis ambicioso e, tanto os membros da Asociación coma os seus proveedores confían en que esta taxa siga a aumentar na próxima década grazas a á mellora dos sistemas municipais de recollida, a continua implementación de sistemas de separación magnética de maior eficacia, así como a iniciativas divulgativas. É o caso do programa europeo Cada Lata Conta.
INNOVACIÓN AMBIENTAL
A lata de bebidas experimentou grandes avances en termos medioambientais, por exemplo unha redución importante no uso de material -pesa a sexta parte do que pesaba fai 50 anos-, e a mellora na eficiencia da súa fabricación no último decenio permitiu diminuír nun 35% o consumo de electricidade.
Metal Packaging Europe, a asociación de produtores europeos de envases metálicos ríxidos e os seus socios da cadea de subministración, completaron unha nova avaliación do ciclo de vida (ACV) das latas de aluminio para bebidas (25, 33 e 50 cl) producidas en Europa, desde a extracción pasando pola fabricación e ata o final da súa vida útil.
Tomando como referencia os datos de 2006, conclúese que a pegada de carbono minorouse, como media, nun impresionante 31%, o que vén confirmar o compromiso da industria coa redución das emisións de carbono, disociando o crecemento da súa pegada ambiental.
Fonte e imaxe: Asociación de Latas de Bebidas
Saúdos, Departamento de Comunicación