- Isto quere dicir que cada cidadán separou e depositou neste contedor unha media de 18 quilos de vidro, o que se traduce en ao redor de 68 envases por persoa.
- A fin de facilitar o labor da poboación, Ecovidrio instalou o pasado ano 6.873 novos iglús ata alcanzar os 225.019, posicionándose o noso país como un dos mellores contenerizados de toda Europa, cunha ratio de 1 iglú por cada 208 habitantes.
- Así mesmo, e dado que a hostalería xera o 50% dos envases de vidro dun só uso que se comercializan, intensificáronse as accións dirixidas a este sector a fin de sensibilizalo sobre a necesidade de que participe activamente na correcta segregación deste material.
- Ecovidrio entregou nos establecementos hostaleiros 24.900 cubos para facilitar a correcta separación en orixe dos envases de vidro, instalou máis de 9.500 contedores adaptados para este sector e ten operativos 43 servizos de recollida “porta a porta” para a hostalaría, con 5.400 locais adheridos.
Cerceda, a 12 de marzo de 2019.- Os datos falan por si sos. A reciclaxe de vidro en España continúa en liña ascendente e, tal e como manifesta Ecovidrio, bateuse récord de crecemento na última década. Nisto tivo moito que ver a disposición de máis medios, unha mellor xestión e, por suposto, unha maior colaboración cidadá.
Un total de 840.361 toneladas de residuos de envases de vidro foron recollidas a través do iglú verde, cifra que representa un incremento do 6,5% respecto de 2017. Isto quere dicir que cada cidadán separou e depositou no iglú verde unha media de 18 quilos de vidro (ao redor de 68 envases por persoa ).
A esta cantidade habería que sumar as 53.628 toneladas procedentes de 16 plantas de residuos urbanos, o que vén a supoñer un incremento do 76% respecto do ano 2017. Non obstante, Ecovidrio puntualiza que, en termos de recollida, apenas supón o 6% da súa xestión. A recuperación de envases de vidro neste tipo de instalacións é un proxecto pioneiro a partir do cal lógrase recuperar o vidro incorrectamente depositado no lixo en masa, dándolle unha nova vida e evitando que acabe en vertedoiro .
A fin de facilitar o labor da poboación, Ecovidrio instalou o pasado ano 6.873 novos contedores ata alcanzar os 225.019 iglús, o que supón un aumento do 3%. Desta forma, a ratio no noso país é de 1 iglú por cada 208 habitantes, converténdoo nun dos mellor contenerizados de toda Europa.
A HOSTALERÍA, EIXE PRIORITARIO
Dado que a hostalería xera o 50% dos residuos de envases de vidro dun só uso que se comercializan, intensificáronse as accións dirixidas a este sector a fin de sensibilizalo sobre a necesidade de que participe activamente na selección deste material.
Desta forma, Ecovidrio entregou nos establecementos hostaleiros 24.900 cubos para facilitar a correcta separación en orixe dos envases de vidro e máis de 9.500 iglús adaptados, tendo operativos 43 servizos de recollida “porta a porta ” con 5.400 locais adheridos. Con isto permítese a recollida en zonas con alta densidade hostaleira e de difícil acceso, como é o caso dos cascos históricos dalgunhas cidades.
De forma complementaria, puxo en marcha plans especiais de reforzo estacional, como é o caso da campaña “Toma nota, recicla vidro”, que se desenvolveu en máis de 90 municipios costeiros, alcanzando a máis de 10.500 establecementos hostaleiros e chiringuitos durante a época estival.
E todo isto reforzado co desenvolvemento de 338 campañas dirixidas a mozos, nenos, profesionais da hostalería e sociedade en xeral, coa particularidade de que 76.500 fogares xa contan cun miniglú para reciclar os envases de vidro
LOITANDO CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
Coa reciclaxe de vidro durante o pasado ano, evitouse a emisión de case 520.000 toneladas de CO2 equivalentes a dar máis de 120 voltas ao mundo en avión. Así mesmo, evitouse a extracción dunha cantidade de materias primas equivalente a 100 veces o peso da Torre Eiffel e aforrouse case 1.400.000 MWh de enerxía, suficiente para abastecer a todos os hospitais de España durante tres meses.
Fonte e imaxe: Ecovidrio
Saúdos, Departamento de Comunicación