- Así reza o lema da campaña que Sogama orienta aos máis novos no marco do Día Internacional da Reciclaxe, que terá lugar o próximo 17 de maio.
- A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
Cerceda, a 13 de maio de 2020.- Con motivo do Día Internacional da Reciclaxe, que se celebrará o vindeiro domingo, 17 de maio, Sogama lanza unha campaña dirixida específicamente aos máis novos (estudantes de ESO, Bacharelato e Universidade) a fin de que coñezan as bondades da reciclaxe, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social, e se sumen á mesmoa.
A través de distintos soportes online tales como carteis, gifs e vídeos animados, e utilizando o argot propio dos nativos dixitais, a iniciativa, bautizada co lema “A reciclaxe sempre é #Trending Topic na nosa terra”, nútrese con mensaxes atractivas e dinámicas nas que se pon en valor a natureza e a práctica diaria dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
Así mesmo, incídese na importancia de poñer fin aos residuos abandonados na contorna e de facer un correcto uso dos diferentes contedores de recollida selectiva a fin de garantir a recuperación dos materiais depositados nos mesmos e transformalos en novos produtos.
MOOD GALICIA: ESTAR LIVING COA NATUREZA
Mensaxes tales como “Mood Galicia: estar living coa natureza”; “Trolea a #basuraleza: acaba cos residuos abandonados na contorna”; “#Yoloecolo: nada de postureo, que só se vive unh avez” e “Sogama Challenge: o reto dos #3 erres: Reduce, Reutiliza e Recicla”, entre outros, pretenden conectar aos mozos co medio ambiente, o deporte, a vida saudable e a comida sa, facéndolles ver que a reciclaxe forma parte dos hábitos sostibles e que, incorporándoa á súa vida, poden contribuír a un mundo mellor.
Os keep calm céntranse na diminución da xeración de residuos, escollendo artigos con menos envase e embalaxe; na conveniencia de levar unha bolsa reutilizable á compra e na necesidade de segregar os produtos por tipoloxías unha vez culminada a súa vida útil.
Dunha forma dinámica e divertida, especifícanse os materiais que deben depositarse en cada contedor. O amarelo é o máis hype do momento e está destinado a acoller envases de plástico, latas e briks. No azul deben introducirse as caixas de cartón, as revistas e os cadernos (epic fail se van con gra,pas). Co iglú verde practícase o postureo arroxando ao mesmo os envases de vidro (tarros de cosmética, perfumería e botellas). Pola súa banda, o verde xenérico é o máis random, só para a fracción resto (non reciclable).
Saúdos, Departamento de Comunicación