- Multiplica por seis o incremento do consumo de papel, que foi do 1,9%.
- O contedor azul, habitual nas rúas, está asentado e o uso do mesmo xa integrado nos hábitos e reciclaxe dos cidadáns.
- A recollida a través deste recipiente optimizouse con recollidas complementarias porta a porta sistematizadas en pequenos comercios, oficinas, colexios, hoteis, restaurantes, etc.
Cerceda, a 16 de outubro de 2019.- A recollida selectiva municipal de papel e cartón (a través do contedor azul, porta a porta e puntos limpos) creceu o pasado ano en España un 10,9%, multiplicando por seis o incremento do consumo de papel, que foi do 1,9%. Unha mellora que tivo lugar no conxunto do territorio, destacando algunhas cidades con máis de 100.000 habitantes, onde o incremento foi maior que a media nacional, alcanzando o 16,6%.
ESPAÑA, PUNTO DE REFERENCIA EUROPEO
O contedor azul, habitual nas rúas do noso país, está asentado e o uso do mesmo xa integrado nos hábitos de reciclaxe dos cidadáns. A total dispoñibilidade e flexibilidade horaria para que o usuario deposite neste recipiente o papel e cartón usado, propicia unha maior participación.
Así mesmo, a elevada dotación de contedores azuis constitúe un factor de peso, toda vez que a cifra actual ascende a preto de 220.000 unidades, cantidade que se duplicou na última década, á vez que se mellorou substancialmente a súa ubicación, mantemento e limpeza.
Este sistema de recollida a través do contedor azul optimizouse con recollidas complementarias porta a porta sistematizadas en pequenos comercios, oficinas, colexios, hoteis, restaurantes, etc.
Cabería destacar igualmente as campañas de información e concienciación dirixidas á poboación mediante as páxinas web municipais e outros recursos de apoio, resultando fundamentais para mellorar a achega á reciclaxe, xa que se posibilita que o usuario visualice a trazabilidade desde a propia recollida ata o recuperación final nunha fábrica papeleira.
Adicionalmente, a axeitada regulación do servizo nas ordenanzas municipais, a boa planificación da xestión dos residuos e as condicións de contratación dos servizos, son tamén ingredientes clave no éxito do modelo.
Fonte: Alimarket envase
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación