- As taxas de reciclado deste envase chegaron en 2017, segundo datos de ACE (Asociación Europea de Bebidas de Cartón e Medio Ambiente), ao 48%
- Desde 2012, Tetra Pack, unha das compañías líderes da industria de envasado de alimentos a nivel global, investiu un total de 17 millóns de euros en infraestruturas de reciclaxe.
- Así mesmo, e tomando como referencia o ano 2010,conseguiu reducir en 2017 un 13% as súas emisións de CO2, e isto malia que as vendas de envases durante ese período creceron nun 19%.
Cerceda, a 28 de xaneiro de 2019.- Segundo un comunicado de Tetra Pak, unha das compañías líderes da industria de envasado de alimentos a nivel global, en 2017 aumentaron as taxas de reciclaxe de cartóns de bebidas a nivel mundial, alcanzando a 4 de cada 10 envases de Tetra Pak vendidos.
No continente europeo, e conforme aos datos da Asociación Europea de Bebidas de Cartón e Medio Ambiente (ACE), da que forma parte Tetra Pak, os niveis de reciclado destes envases chegaron en 2017 ao 48%. Con todo, tal e como manifestou no seu momento o Responsable de Medio Ambiente da compañía en España, Víctor Marcos, as cifras de reciclado son superiores no noso país, toda vez que, segundo información de Ecoembes, o 77,8% de cartóns para bebidas son reciclados na actualidade, sendo a meta alcanzar o 100%. De aí que desde Tetra Pak se esforcen de forma permanente en apoiar os programas de concienciación social na material e incidir na importancia de utilizar correctamente o contedor amarelo, destinado a acoller envases de plástico, latas e briks.
Desde 2012, Tetra Pack investiu un total de 17 millóns de euros en infraestruturas de reciclaxe e, tomando como referencia o ano 2010,conseguiu reducir en 2017 un 13% as súas emisións de CO2,malia que as vendas de envases durante ese período creceron nun 19%. Isto foi posible grazas á súa firme aposta pola eficiencia enerxética e o aumento do uso das enerxías renovables.
APOSTA POLA ECONOMÍA CIRCULAR E A SEGURIDADE ALIMENTARIA
En 2016, a empresa uniuse á Economía Circular 100 (CE100), plataforma establecida pola Fundación Ellen MacArthur, que apoia de forma activa o plan de acción para unha economía circular na Unión Europea e, en xaneiro de 2018, comprometeuse con ambición a apoiar a Estratexia de Plásticos da UE.
Ao redor do 75% do seu material para envasado prodúcese a partir de fibras de papel longas e fortes que se poden reciclar varias veces e a capa delgada de polímeros (ou plásticos) dos seus envases para bebidas pódese mesturar con outros polímeros e converter en produtos novos tales como tellas, caixóns e caixas de cartón, entre outros. O seu propósito é seguir traballando conxuntamente con outros socios para garantir que, en 2030, as solucións de reciclado funcionen para todos os compoñentes dos envases para bebida.
Coa pretensión de contribuír á seguridade alimentaria no mundo, desde fai máis de medio século (55 anos concretamente) Tetra Pak traballa no desenvolvemento de programas de alimentación escolar e nutrición. Así, en 2017 un total de 72 millóns de nenos en 58 países recibiron leite ou outras bebidas nutritivas en envases de Tetra Pak nas súas escolas.
Fonte: Tetra Pak
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación