Noticias
Reduce o teu impacto ambiental nas escapadas de Semana Santa

- Coa chegada destas datas, moitas persoas prepáranse para gozar duns días de descanso e turismo. Con todo, é fundamental facelo de maneira responsable, tamén co medio ambiente
- Vaias onde vaias, non esquezas levar na túa maleta as boas prácticas vinculadas á xestión dos residuos municipais
Cerceda, a 15 de abril de 2025. – A Semana Santa constitúe unha das tempadas do ano con maior movemento turístico e consumo. Desprazamentos masivos, viaxes, actividades ao aire libre, deporte, praia, montaña ou cidade. Elixas o que elixas, non esquezas levar na túa maleta ou mochila o código de boas prácticas vinculado á xestión sostible dos residuos municipais: reducir, reutilizar e reciclar.
A maior xeración de residuos en vacacións (alimentos, envases, produtos refugables) require dunha maior conciencia ambiental para evitar a degradación e contaminación dos ecosistemas e, por suposto, para respectar a contorna e habitantes dos nosos lugares de destino.
Sinxelos xestos para un comportamento sostible:
- Nada ao chan. Gárdao ata que atopes papeleiras axeitaadas.
- Reduce a produción de refugallos e aproveita aqueles produtos que podes reutilizar. Prescinde dos artigos sobreenvasados e leva a túa propia bolsa para as compras que poidas facer
- Separa os teus residuos por tipoloxías e deposítaos no contedor correspondente para garantir a súa posterior reciclaxe.
- Usa os recursos naturais (auga e enerxía) de forma consciente e prudente.
- Para os desprazamentos a longa distancia, dá preferencia ao transporte público. Nos curtos, opta por camiñar ou fai uso da bicicleta. Non só contribuirás a aforrar emisións de CO2 á atmosfera, senón que farás exercicio, moi recomendable para a saúde.
- Nos restaurantes e bares, pide unicamente o que vaias consumir (tanto comida como bebida). Evita o desperdicio alimentario.
Saúdos, Departamento de Comunicación