- A normativa europea fixou para 2021 a prohibición de determinados artigos de plástico de usar e tirar, como é o caso dos vasos e cubertos, toda vez que estes acaban na contorna, orixinando un negativo impacto para o medio ambiente e a saúde.
- Restaurantes e bares están tomando conciencia da situación. De feito, a porcentaxe de reutilización e de reciclaxe de envases aumentou nos últimos anos.
- Para axudar na transición a un sistema máis circular, por parte de Storyous, o sistema TPV especialmente deseñado para hostalería, proporciónanse algunhas recomendacións e ata cambios que este sector pode levar a cabo para diminuír o seu impacto medioambiental.
Cerceda, a 3 de setembro de 2019.- A nova lexislación sobre o plástico dun só uso e os prazos previstos para erradicalos, constitúe tamén un reto para o sector hostaleiro.
A normativa europea fixou para 2021 a prohibición de determinados artigos de plástico de usar e tirar, como é o caso dos vasos e cubertos, toda vez que estes acaban na contorna, orixinando un negativo impacto para o medio ambiente e a saúde debido á súa lenta degradación.
Estímase que máis do 80% do lixo mariño está conformado por plástico e que, desta porcentaxe, os plásticos de usar e tirar representan en torno ao 70%.
Os ecosistemas mariños están ameazados, do mesmo xeito que os animais, que inxiren o plástico ao confundilo con alimento, a pesca, o turismo e, por suposto, a alimentación humana, xa que os microplásticos chegan ao noso organismo a través do peixe e o sal, produtos que forman parte da nosa dieta.
Restaurantes e bares están tomando conciencia da situación. De feito, a porcentaxe de reutilización e de reciclaxe de envases aumentou nos últimos anos, pero aínda así queda camiño por percorrer xa que, en moitas ocasións, a decisión recae sobre o cliente.
Nunha enquisa realizada por Hostalería de España –organización empresarial que representa aos bares, restaurantes, cafeterías e pubs de España–, un terzo dos enquisados afirmou que recicla o 46,6% dos envases.
Para axudar na transición cara a un modelo máis circular, por parte de Storyous, o sistema TPV especialmente deseñado para hostalería, proporciónanse algunhas recomendacións e ata cambios que este sector pode levar a cabo para reducir o seu impacto medioambiental:
- Substituír os envases de plástico de comida para levar por materiais biodegradables como a celulosa ou a caña de azucre.
- Enviar o tícket por e-mail, xa que moitos tíckets emitidos polos restaurantes conteñen bisfenol A, un produto químico tóxico empregado para fabricar plásticos durante décadas. Ademais, esta práctica contribuiría ao aforro de papel.
- Eliminar os manteis de plástico e substituílos polos de tea ou papel.
- Optar polo uso de palliñas para bebidas fabricadas con materiais biodegradables tales como o bambú ou o millo.
- Substituír as botellas plásticas de auga por dispensadores ou botellas elaboradas con materiais sostibles.
- Poñer en marcha iniciativas que contemplen a aplicación dun desconto a aqueles clientes que leven o seu propio tupper, termo ou botella.
Fonte: Hosteltur
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación