- O proxecto, coordinado por Aimplas, resolveu unha das problemáticas que se atopan os envases con propiedades barreira, xa que, que para protexer ao alimento, requiren de estruturas multicapa complexas cuxa reciclaxe adoita ser difícil ou custosa.
* REFUCOAT finalizou o pasado mes de setembro tras validar exitosamente todas as estruturas de envase novas e comparar o seu rendemento co dos envases metalizados non biolóxicos que se utilizan actualmente nos produtos industriais.
Cerceda, a 1 de decembro de 2020.- Dado que o desperdicio alimentario converteuse nun problema de gran magnitude a nivel mundial, faise necesario reducir a perda e o desperdicio de alimentos para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente o ODS 2 (Fame Cero) e o ODS 12 (Consumo e produción sostibles).
No marco da estratexia sobre plásticos de 2018, a Unión Europea decidiu que, no 2030, todos os envases deben poder ser reciclables, á vez que aumenta a conciencia medioambiental dos consumidores, o que fai necesario seguir investigando para conseguir envases máis sostibles.
Neste contexto, o proxecto europeo REFUCOAT, coordinado por Aimplas, desenvolveu procesos innovadores e eficaces de produción de bioplásticos para envasar alimentos a partir de materiais renovables e deseñados específicamente para envasar carne de polo fresca, cereais e aperitivos.
Por outra banda, resolveu unha das problemáticas que se atopan os envases con propiedades barreira, xa que, que para protexer ao alimento requiren de estruturas multicapa complexas cuxo reciclaxe adoita ser difícil ou custosa. Neste sentido, todos os sistemas de envase do proxecto REFUCOAT pódense reciclar e/ou transformar en compost, polo que constitúen unha alternativa sostible moi prometedora aos envases actuais do mercado.
Nos tres últimos anos, o proxecto concentrouse en tres ámbitos principais: o desenvolvemento de recubrimentos activos para os films de envasado de alimentos que alonguen a vida útil dos produtos grazas a organismos bacteriófagos que mostran unha redución significativa da proliferación de Salmonella en mostras de peitugas de polo envasadas en atmosfera modificada; a utilización de fariña de baixa calidade como base para producir polihidroxialcanoato (PHA), un biopolímero biodegradable co que se fabricaron bandexas que alongan a vida útil dos produtos de carne de polo fresca; e o desenvolvemento dun proceso eficaz de produción de poliglicolato (PGA), un material completamente biodegradable con excelentes propiedades de barreira ao auga e, polo tanto, con aplicacións prometedoras para o envasado de alimentos, que ata a data era unha solución demasiado cara para substituír aos materiais de orixe fósil.
REFUCOAT finalizou o pasado mes de setembro tras validar exitosamente todas as estruturas de envase novas e comparar o seu rendemento co dos envases metalizados non biolóxicos que se utilizan actualmente nos produtos industriais.
Fonte e imaxe: AIMPLAS