- Trátase dunha iniciativa da startup Gelatex Technologies de Estonia e céntrase na utilización de refugallos de xelatina de baixo valor procedentes das industrias da carne e o coiro como alternativa ecolóxica ao coiro convencional.
- O material resultante prodúcese sen o uso de toxinas e é orgánico e biodegradable, sendo atractivo tanto para a industria téxtil como para a automotriz.
Cerceda, a 11 de novembro de 2019.- A startup Gelatex Technologies de Estonia erixiuse na gañadora do Green Alley Award 2019 cun proxecto baseado na utilización de refugallos de xelatina de baixo valor procedentes das industrias da carne e o coiro como alternativa ecolóxica ao coiro convencional.
O téxtil prodúcese sen o uso de toxinas e é orgánico e biodegradable. A capacidade de personalizar o grosor e a textura fai que Gelatex sexa atractivo tanto para a industria téxtil como para a automotriz.
A xuízo dos organizadores deste premio, facer un novo produto a partir dun residuo está totalmente en liña coa economía circular e, polo tanto, merece ser recoñecido.
Märt-Erik Martens, CTO de Gelatex Technologies, explicou que “con Gelatex queremos ofrecer unha alternativa ao coiro que sexa máis ecolóxica e tamén máis asequible", ao que engadiu que "O Premio Green Alley apoia o noso enfoque ecolóxico: a sostibilidade desempeña un papel clave na economía circular e estamos encantados de poder convencer ao xurado coa nosa idea".
SOBRE O PREMIO GREEN ALLEY AWARD
Desde 2014, esta convocatoria, organizada por Landbell Group, co apoio dunha rede de expertos en economía circular e startups europeas, incluído Seedmatch, o pioneiro do crowdfunding de Alemaña, Bethnal Green Ventures, un programa acelerador británico para startups que utilizan tecnoloxía para abordar problemas ambientais e sociais, e R2Pi, un proxecto Horizon 2020 financiado pola UE, veu recoñecendo ás startups cuxas ideas axudan a facer que o sector sexa máis sostible.
En 2019 recibiu candidaturas de 274 startups en máis de 30 países, con modelos comerciais nas áreas de economía circular dixital, reciclaxe e prevención de residuos.
O pasado mes de setembro nomeou a seis finalistas que propoñían alternativas ecolóxicas aos materiais convencionais ou envases biodegradables. "As startups son actores importantes nun sector que se esforza cada vez máis pola innovación", manifestou Schulz. 'Gelatex Technologies non só desenvolveu unha idea, senón algo cun gran potencial de mercado', sentenciou.
Fonte e imaxe: Green Alley Award
Saúdos, Departamento de Comunicación