- Probablemente serán unhas vacacións diferentes para moitos de nós, pero non por iso menos motivadoras e ilusionantes.
- Sogama recomenda gozar dos tesouros da nosa terra, Galicia, saborear a súa gastronomía e aproveitar os días de asueto para estar cos nosos.
- E todo isto sen baixar a garda, nin no plano sanitario nin no medioambiental.
Cerceda, a 23 de xuño de 2020.- Deixamos atrás meses moi duros e abordamos un verán que, probablemente, será diferente para moitos de nós, pero non por iso menos motivador e menos ilusionante.
Gocemos dos tesouros naturais da nosa terra, Galicia, saboreemos a súa gastronomía e aproveitemos os días de asueto para estar cos nosos. Iso si, non baixemos a garda, nin no plano sanitario nin no medioambiental.
1.- Respecta as recomendacións e normas ditadas polas autoridades en cada momento.
2.- Consome de forma responsable e valora a necesidade das túas compras.
3.- Un picnic no campo? Estupendo, pero sen deixar rastro. Mellor con pratos e cubertos reutilizables. Descarta os plásticos de usar e tirar.
4.- Mantén firme o compromiso coa reciclaxe. Separa os residuos en orixe e introduce cada material no contedor correspondente para que poida ser convertido nun novo recurso.
5.- Recorda: os envases de plástico, as latas e os briks, ao contedor amarelo; os envases de vidro, ao iglú verde; o papel e cartón, ao azul; e a fracción resto, ao contedor verde xenérico.
6.- Que na praia ou a montaña non hai papeleiras nin contedores? Gardemos nunha bolsa os nosos refugallos ata que atopemos o lugar axeitado no que depositalos
7.- Nada ao chan. Colabora para manter as rúas limpas, por respecto ao persoal de limpeza, ao resto dos transeúntes e, por suposto, ao medio ambiente.
8.- Ollo cos novos residuos: máscaras e luvas desbotables. O seu contedor é o verde convencional, non o amarelo nin calquera outro de recollia selectiva.
9.- Móvete: camiña, corre, desprázate en bicicleta ou practica o teu deporte favorito.
10.- Prioriza o transporte público en detrimento do privado. Contribuirás a aforrar emisións de CO2 á atmosfera.
11.- Come san e saudable. Mellor produtos locais e de tempada. En definitiva, do noso. Evita o desperdicio alimentario. Tirar comida ao lixo ten negativas consecuencias para a contorna e a túa economía, ademais de ser un xesto inmoral.
12.-Evita os artigos sobreenvasados e rexeita as bolsas plásticas dun só uso. Leva sempre contigo a túa bolsa reutilizable.
13.-Aproveita para facer turismo de interior e contribuír á economía da nosa comunidade e país. Temos unha gran riqueza monumental e paisaxística, e moitos recunchos por descubrir.
14.- Que non decaia o espírito solidario, tanto cos demais como coa contorna. Será o teu mellor legado.
Feliz verán!
http://www.sogama.gal/gl/campanha/reinventa-t%C3%BAas-vacaci%C3%B3ns-de-ver%C3%A1n