- Ademais do principio dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar), destácanse dous novos modelos (renovar e redeseñar), que consisten en usar materiais compostables e biodegradables á hora de deseñar o packaging do produto
- As previsións actuais son moi positivas, xa que, actualmente, máis do 50% dos envases están feitos conforme a estes criterios
Cerceda, a 27 de decembro de 2021.- A experta en packaging, Montse Castillo, impartiu recentemente un webinar organizado por IQS Executive Education baixo o título “Estratexias para aliñar o Packaging ás políticas de economía circular”, co obxectivo de analizar as estratexias que utilizan as compañías para adherirse ás políticas europeas encamiñadas á transformación cara a unha economía circular publicadas en 2015.
Os principios da economía circular din que non existe o fin de vida dun produto, xa que sempre pode ter unha nova. Castillo explicou as diferentes estratexias que se presentan á hora de levar o packaging de produto cara á circularidade: reducir, reutilizar e reciclar. “Sempre hai que ter en mente que reducir é o primeiro paso. O mellor residuo é o que se evita”. Moitas compañías deron xa o paso eliminando partes do envase que non son necesarias
Ademais do principio dos tres erres, a relatora destacou dous novos modelos de uso: renovar e redeseñar, que consisten en usar materiais compostables e biodegradables á hora de deseñar o packaging do produto.
As previsións actuais son moi positivas, xa que se está chegando á fase de asentamento. Máis do 50% dos envases están feitos seguindo estes criterios. Castillo utiliza o exemplo do sector da alimentación: “cada vez máis se incorporan fibras celulósicas na composición dos envases como as bolsas de papel, cartón ou plásticos compostables”.
SOBRE IQS
IQS, membro fundador da Universitat Ramon Llull, está configurado actualmente por dúas facultades universitarias: IQS School of Engineering e IQS School of Management; por IQS Executive Education, que ofrece formación especializada aos profesionais e ás empresas; pola división IQS Tech Transfer, a través da que realiza investigación, innovación e transferencia de tecnoloxía para as industrias e empresas; e por IQS Tech Factory, que impulsa a cultura emprendedora e apoia á creación de novas empresas de base científica tecnolóxicas. E todo isto co soporte dun importante grupo de empresas a través da Fundación Empresas IQS.
Fonte e imaxe: IDE