- Ao deseñar produtos reparables, amplíase o seu ciclo de vida, coa conseguinte redución do consumo de materiais e as cargas ambientais asociadas.
- A reparabilidade é un aspecto inherente ás caixas de plástico reutilizables (CPR). As pregables son fáciles de reparar, podéndose substituír as partes danadas sen ter que refugar o resto do produto.
Cerceda, a 26 de xullo de 2021.- Ao deseñar produtos reparables, amplíase o seu ciclo de vida, coa conseguinte redución do consumo de materiais e as cargas ambientais asociadas.
A Comisión Europea define a reparación como “a capacidade de restablecer a funcionalidade dun produto tras a aparición dun fallo” e, para avaliar a reparabilidade dos produtos, desenvolveu o Sistema de Puntuación de Reparación, que se basea en tres piares.
– Primeiro, céntrase nas partes do produto que son máis importantes para ser reparadas debido á súa principal funcionalidade e/ou a súa probabilidade de fallar.
– Segundo, defínense aqueles parámetros crave que inflúen na reparación dos produtos, como a dispoñibilidade de pezas de reposto, a facilidade de acceso ás mesmas, a información sobre a secuencia de desmonte e a dispoñibilidade.
– E terceiro, defínese o sistema de puntuación baseado nos parámetros técnicos seleccionados.
O 96% DAS CAIXAS DE PLÁSTICO REUTILIZABLES REPÁRANSE
A reparabilidade é un aspecto inherente ás caixas de plástico reutilizables (CPR). As pregables son fáciles de reparar, podéndose substituír as partes danadas sen ter que refugar o resto do produto. En última instancia, as partes que non poden repararse, recíclanse para producir novas caixas. En xeral, ao redor do 1% das caixas de plástico reutilizables usadas nun ano para transportar produtos alimentarios frescos dánanse e o 96% repáranse.
No caso dos artigos de consumo, hai novidades na lexislación Europea en materia de reparabilidade. En outubro de 2019, a Comisión adoptou 10 medidas dentro da Directiva de Deseño Ecolóxico (2009/125/CE) que inclúen requisitos de reparabilidade e reciclabilidade para os bens de consumo. Estes requisitos coñécense como normas de “dereito a reparación“, que se aplican a lavalouzas domésticos, lavadoras, frigoríficos, pantallas electrónicas e fontes de luz.
A partir de abril de 2021, os fabricantes destes produtos no mercado Europeo deberán cumprir os seguintes requisitos: garantir a dispoñibilidade de pezas de reposto para reparacións profesionais durante certo tempo e dentro dun prazo de entrega máximo especificado de 15 días, e dar acceso á información sobre reparacións, tanto aos profesionais como aos usuarios finais.
Estes requisitos están en consonancia cos tres principais aspectos que inflúen na elección da reparación dos consumidores, en lugar da substitución dos produtos: o custo (os produtos repáranse cando o custo de reparación é un 30-40% inferior ao prezo de venda), a esperanza de vida (a “disposición” dos consumidores para reparar diminúe cando se achega á vida útil esperada); e o tempo para levar a cabo unha operación de reparación (sendo aceptable polos consumidores entre 1-2 semanas).
En xeral, o deseño é clave para garantir artigos duradeiros e reparables. Aínda que a normativa Europea empeza a centrarse nos bens de consumo, é necesaria unha visión máis ampla, como no caso das caixas de plástico reutilizables nas cadeas de subministración de alimentos. Ao deseñar caixas pregables e facilmente reparables, alóngase a vida útil dos materiais, impulsando deste xeito a economía circular.
Fonte: AREC (envases reutilizables)
Imaxe: Pexels