- Un proxecto europeo promovido pola Universidade das Palmas de Gran Canaria, denominado Life BAQUA, investigou a valorización das fibras naturais do pseudotallo para o desenvolvemento de materiais 100% biodegradables tales como fundas protectoras e bolsas.
- A pulpa, un subproduto resultante da extracción da fibra, podería ter un gran interese para a produción de piensos destinados á acuicultura.
- Actualmente, o proxecto atópase en fase de estudo para a súa implantación industrial, tanto no arquipélago coma noutras rexións da Unión Europea.
Cerceda, a 16 de outubro de 2019.- Recentemente concluía o proxecto europeo Life BAQUA, promovido pola Universidade das Palmas de Gran Canaria (ULPGC) co obxectivo de impulsar unha proposta de economía circular a partir dos residuos xerados nunha plantación de plataneira.
A plataneira é unha especie que só dá froito unha vez, co cal, e trala recolecta, o pseudotallo córtase e déixase na plantación, xerando un problema de acumulación de refugallos para a seguinte colleita e sen aportar valor nutricional ao solo.
Neste marco, o proxecto BAQUA buscaba a valorización deste residuo mediante a extracción de fibras naturais para o desenvolvemento de materiais 100% biodegradables (fundas protectoras e bolsas), así como aditivo natural para sectores de elevado volume de produción.
Ademais, durante o proceso de extracción da fibra xérase outro subproduto importante, que é a pulpa, de gran interese para a produción de piensos destinados á acuicultura, xa que a alimentación dos peixes require de baixo contido en substancias difíciles de dixerir, como son as fibras.
Polo tanto, e a xuízo dos investigadores, a pulpa preséntase como un bo candidato para o seu uso como fonte de antioxidantes naturais e alternativa aos sintéticos empregados a día de hoxe.
Tamén o líquido que sae do rolo da plataneira podería conter propiedades de interese a analizar en próximos proxectos.
Así as cousas,Gran Canaria, Tenerife e A Palma poderían ser as tres primeiras illas do arquipélago en contar con plantas de extracción de fibra de platanera. Actualmente, o proxecto atópase en fase de estudo para o seu implantación industrial, tanto no arquipélago como noutras rexións da Unión Europea.
Fonte: ULPGC
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación