- Así o asegura un estudo do IPR, a través do cal se aportan novos achados a unha investigación previa na que se mostrou que ata o 90% da perda de biodiversidade e o estrés hídrico, e ata a metade das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, poden atribuírse á forma en que extraemos e utilizamos os recursos naturais.
- A Década das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas 2021-2030 constitúe unha chamada á acción mundial para alcanzar o obxectivo de restaurar 350 millóns de hectáreas de paisaxes degradados en 2030.
Cerceda, a 10 de setembro de 2019.- Actualmente, unha cuarta parte da terra do mundo está degradada. Nun recente informe, o Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) asegura que a crise climática está a reducir a capacidade da terra para manter a humanidade. No marco do mesmo, un estudo do Panel Internacional de Recursos (IRP), lanzado no marco da 14º Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación, en Nova Delhi (India), analiza esta situación e vai máis aló ao concluír que a restauración da terra contribúe a limitar o cambio climático e a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
O estudo aporta novos achados a unha recente investigación do IRP na que se mostrou, en relación aos recursos mundiais, que ata o 90% da perda de biodiversidade e o estrés hídrico, e ata a metade das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, poden atribuírse á forma en que extraemos e utilizamos os recursos naturais.
A Década das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas 2021-2030 constitúe unha chamada á acción mundial para lograr o obxectivo de restaurar 350 millóns de hectáreas de paisaxes degradados en 2030. Devolver a vida a estas terras na próxima década podería xerar servizos ecosistémicos valorados en US$ 9 billóns e secuestrar da atmosfera entre 13 e 26 xigatoneladas adicionais de gases de efecto invernadoiro. Con todo, o panel recomenda unha análise sistémica antes de realizar investimentos para evitar consecuencias non desexadas.
Pon como exemplo a sementa en monocultivo, que podería contribuír ao cumprimento da meta de restauración de solos descrito no ODS 15 (Vida na Terra) e proporcionar algúns beneficios para o clima (Obxectivo 13) a través do secuestro de carbono, pero, ao mesmo tempo, podería ser un obstáculo para as metas de conservación de biodiversidade (Obxectivo 15).
Unha das principais conclusións do estudo é que a restauración e rehabilitación de terras pode ter importantes beneficios colaterais para todos os ODS.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación