- Esta organización, que integra a numerosas empresas de economía social e circular de toda Europa, destaca as oportunidades de creación de emprego no sector da reutilización.
- En canto ás actividades centradas na reutilización de produtos específicos, como os téxtis e os aparellos eléctricos, que serán obxecto dos próximos plans de acción da UE, créanse ata 35 e 140 postos de traballo por cada 1.000 toneladas recollidas, respectivamente.
Cerceda, a 21 de maio de 2021.- Un novo informe de RREUSE, organización que integra a numerosas empresas de economía social e circular de toda Europa, destaca as oportunidades de creación de emprego no sector da reutilización.
Baseado na experiencia de primeira man e nos coñecementos achegados pola ampla rede de organizacións adheridas a RREUSE, o estudo mostra que as empresas sociais activas nunha diversa gama de actividades orientadas á reutilización xeran de media 70 postos de traballo por cada 1.000 toneladas de material recollido.
En canto ás actividades centradas na reutilización de produtos específicos, como os téxtis e os aparellos eléctricos, que serán obxecto dos próximos plans de acción da UE, créanse ata 35 e 140 postos de traballo por cada 1.000 toneladas recollidas, respectivamente.
Este informe é relativamente inédito, xa que a investigación e as cifras dispoñibles publicamente sobre as oportunidades de emprego no ámbito da reutilización continúan a ser escasas. Cada vez é máis necesaria unha recompilación de datos exhaustiva e completa para mellorar a comprensión das repercusións socioeconómicas da reutilización, así como para aplicar os obxectivos no ámbito da economía circular e supervisar o progreso cara a eles.
Con esta contribución, RREUSE espera proporcionar unha valiosa visión no campo da reutilización e inspirar aos responsables políticos europeos que traballan cara a unha recuperación inclusiva e rica en emprego vinculada á aplicación do Plan de Acción da Economía Circular e o próximo Plan de Acción para a Economía Social.
RECOMENDACIÓNS
Como punto de partida, RREUSE estableceu unha lista non exhaustiva de recomendacións para apoiar a creación de emprego na economía circular, especialmente no sector da reutilización:
- Proporcionar un maior investimento público en datos e investigación sobre a contribución da economía circular á creación de emprego, o impacto social, a avaliación da escaseza de competencias e as tendencias no emprego.
- Formalizar e integrar os programas de desenvolvemento de competencias circulares a nivel nacional.
- Garantir que os mecanismos de financiamento da UE, como o FSE, contribúan a aumentar o desenvolvemento de empregos inclusivos, as competencias e os modelos empresariais circulares innovadores.
- Apoiar unha maior orientación e liderado na adopción de cláusulas verdes e sociais na contratación pública.
- Garantir que os réximes fiscais favorezan os servizos intensivos en man de obra que contribúen á economía circular.
- Garantir que o sector da reutilización sexa fomentado e apoiado por obxectivos ambiciosos de prevención de residuos, reutilización e preparación para a reutilización nas leis de residuos nacionais e da UE, co fin de apoiar tanto as consideracións ambientais como as sociais.
- Mellorar a calidade dos bens que entran no mercado da UE mediante requisitos de reparabilidad e durabilidade.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels