Noticias
Reutilizando o que deixa o Nadal
- Árbores, adornos, caixas de cartón e papel de agasallo son, entre outros, algúns dos elementos típicos das Festas do Nadal que poderían ser aproveitados para novos usos, evitando que acaben convertidos en residuos
Cerceda, a 9 de xaneiro de 2024.- Consumismo exacerbado e compra de artigos específicos de usar e tirar concibidos para as festas do Nadal, constitúen algunhas das malas prácticas que caracterizan a esta época do ano. Non obstante, é posible aproveitar algúns artigos tales como a árbore de Nadal, os adornos, as caixas de cartón, o papel de agasallo, os xoguetes ou mesmo os aparellos eléctricos e electrónicos que quedan en desuso, para poñelos en valor e evitar o seu negativo impacto ambiental.
Algunhas posibles solucións:
- Replantar a árbore se é natural ou ben depositala nun punto de recollida. De todos os xeitos, actualmente xa están a emerxer outras alternativas tales como o alugueiro de árbores exclusivamente para as citas do Nadal. Cada vez máis empresas e organizacións en España dedícanse ao cultivo, a venda e a reciclaxe deste tipo de árbores, evitando a talla indiscriminada das mesmas.
- Gardar o papel de agasallo para reutilizalo noutras ocasións, diminuíndo así o seu consumo.
- Acondicionar as caixas de cartón como arquivadores, organizadores, para almacenaxe etc. As posibilidades son múltiples.
- Conservar os adornos do Nadal en bo estado. En caso de querer innovar, pódese modificar o deseño dos mesmos pintándoos ou cambiando artesanalmente o seu formato. Ademais, cabe así a posibilidade de sexan usados noutros eventos.
- Os novos xoguetes relegan a un segundo plano os vellos, aos que debe darse unha segunda vida, ben a través de tendas de segunda man ou ben doándoos a algunha ONG que poida entregalos a nenos sen recursos.
- Os aparellos eléctricos e electrónicos (móbiles, tablets, computadores, …) seguen sendo o agasallo estrela destas datas. O feito de que substitúan aos antigos, non debe implicar que estes últimos acaben esquecidos nun caixón. Tamén poden poñerse en valor en tendas de segunda man para a súa posterior venda, unha vez reacondicionados. Se non serven para este fin, debe propiciarse a súa reciclaxe, permitindo así recuperar os valiosos materiais cos que están fabricados.
Saúdos, Departamento de Comunicación