- Esta iniciativa dou os seus primeiros pasos en abril, en pleno confinamento. O peche de comedores escolares obrigou a moitas empresas a tirar os seus produtos e esta situación levou a RobinGood a buscar unha saída para eses excedentes e darlles unha segunda vida.
- Así mesmo, propíciase que a comida destinada a perderse ou desaproveitarse se poida transformar en produtos alimenticios sostibles, participando na súa elaboración persoas de colectivos en risco de exclusión, converténdoa nunha vía para a súa reinserción laboral e social.
Cerceda, a 9 de novembro de 2020.- O proxecto Robin Food, froito dun acordo entre o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), o grupo cooperativo Eroski e a ‘start-up’ RobinGood, dedicada á comercialización de produtos elaborados por persoas de colectivos vulnerables, propúxose un triple obxectivo: evitar o excedente de toneladas de alimentos, dar emprego a persoas en risco de exclusión e xerar novos produtos saudables para a súa distribución e venda en tendas a nivel nacional.
Mediante esta alianza estratéxica aprovéitanse excedentes alimentarios, como froita, leite, verduras e pan, para darlles unha segunda oportunidade. Á reutilización deses artigos, engádese a elaboración artesanal de novos produtos, realizados con ingredientes de proximidade.
O proxecto dou os primeiros pasos en abril, en pleno confinamento. O peche de comedores escolares obrigou a moitas empresas (granxas, por exemplo) a tirar a súa produción. Esta situación levou a RobinGood a buscar unha saída para eses excedentes e darlles unha segunda vida. Só en relación ao leite, xa se “rescataron’ 20.000 litros neste último medio ano.
Pero esta iniciativa vai moito máis aló ao propiciar que esa comida destinada a perderse ou desaproveitarse se poida transformar en alimentos sostibles, participando na elaboración dos mesmos persoas de colectivos en risco de exclusión (dependentes, sen fogar, con discapacidade…), converténdose nunha vía para a súa reinserción laboral e social.
O resultado son alimentos saudables, sen azucres engadidos. Entre eles, atópanse cremas de verduras, galletas artesanas, así como paus de pan con cenoria e barriñas de pan con pipas ou con queixo. Este ano 2020 agárdase producir 40.000 unidades destes produtos.
Así mesmo, véalse en todo momento pola protección d omedio ambiente con envoltorios sostibles, biodegradables e libres de plástico.
O último paso de todo este proceso é a distribución dos artigos, responsabilidade que recae na ‘start-up’ RobinGood.
Trátase de produtos 100% sociais, que teñrn como misión crear oportunidades laborais e aumentar a contratación de persoas en risco de exclusión social a través do fomento do consumo consciente e responsable.
Ademais de terse posto en marcha en España, o proxecto tamén se activou en Bélxica e Países Baixos.
OUTRAS INICIATIVAS SIMILARES
Nestes últimos meses promovéronse outras iniciativas similares cun carácter social. EIT Food, cuxa misión é fomentar o emprendemeento, a educación e a innovación do sector agroalimentario, decidiu durante o confinamento atender a nenos de familias con poucos recursos mediante unha iniciativa denominada ‘Os Salvacomidas’. Neste proxecto participaron o Banco de Alimentos, a cooperativa Ausolan e varias empresas do sector, distribuíndo 60.000 menús saudables.
Fonte: FuturEnviro
Imaxe: Pixabay