- Malia só ser responsable do 0,25% das emisións mundiais, sitúase entre as 10 nacións máis afectadas pola urxencia climática.
- Previamente, o 23 de setembro, celebrarase en Nova York o Cume de Acción Climática 2019 a fin de que os líderes dos países poñan sobre a mesa plans concretos e realistas para mellorar as súas contribucións a nivel nacional para 2020.
Cerceda, a 27 de agosto de 2019.- Este ano a COP 25 terá lugar, do 2 ao 13 de decembro, en Santiago de Chile, país moi vulnerable ao cambio climático. Malia só ser responsable do 0,25% das emisións mundiais, sitúase entre as 10 nacións máis afectadas pola urxencia climática, xa que cumpre 7 das 9 condicións de vulnerabilidade establecidas pola Organización das Nacións Unidas.
A Conferencia das Partes (COP), que é o órgano de decisión supremo de a Convención Marco de Nacións Unidas –CMNUCC- (un tratado que establece as obrigas básicas das 196 Partes –Estados- máis a Unión Europea para combater o cambio climático), revisará os avances na loita climática, constituíndo o foro no que propoñer, avaliar e aprobar novos instrumentos de actuación que favorezan a implementación da Convención.
Previamente, o 23 de setembro, celebrarase en Nova York o Cume de Acción Climática 2019 a fin de que os líderes dos países poñan sobre a mesa plans concretos e realistas para mellorar as súas contribucións a nivel nacional para 2020, seguindo a directriz de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro un 45% no próximo decenio e a cero para 2050.
De cara a asegurar a fiabilidade e efectividade destes plans, non poden enfrontarse á redución de forma illada, senón que deben mostrar unha vía encamiñada á transformación completa das economías seguindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostenible (ODS).
Nese evento daranse cita gobernos, sector privado, sociedade civil, autoridades locais e outras organizacións internacionais para desenvolver solucións ambiciosas en áreas tales como a transición global cara a enerxías renovables, a transición industrial, infraestruturas e cidades sostibles e resilientes, agricultura e ordenación sostible dos nosos océanos e bosques, resiliencia e adaptación aos impactos climáticos, converxencia de financiamento público e privado cunha economía de emisións netas.
Así mesmo, teranse en conta outras tres áreas clave adicionais, isto é, estratexia de mitigación para impulsar as Contribucións Determinadas a Nivel Nacional (CDN) e estratexias a longo prazo para conseguir as metas do Acordo de París; compromiso da mocidade e movilización pública contra o cambio climático; impulsores sociais e políticos para avanzar en cuestións vinculadas ao benestar da poboación, contaminación do aire, traballo digno, estratexias de adaptación climática e protección dos traballadores e grupos vulnerables.
Fonte e imaxe: #porelclima
Saúdos, Departamento de Comunicación