- O cume representa un fito político crítico co que demostrar que existe unha vontade global colectiva para acelerar o ritmo e a escala dunha transición xusta cara a unha economía global máis equitativa baseada nas enerxías renovables e resiliente ao clima
Cerceda, a 6 de setembro de 2023.-A última avaliación científica do Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático volveu a poñer de relevo a urxencia de actuar. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro mantéñense en niveis récord e, para limitar o quecemento global a 1,5 °C por riba dos niveis preindustriais e evitar os peores impactos, o mundo necesita reducir, de forma inmediata e profunda, as súas emisións, agora e no transcurso do próximas tres décadas. Pola contra, o aumento da temperatura global podería provocar fenómenos meteorolóxicos extremos máis frecuentes e intensos, como secas prolongadas ou inundacións devastadoras.
Mentres tanto, as poboacións están a sufrir os impactos desta situación e precisan axuda inmediata para adaptarse e recuperarse de perdas e danos. Trátase dunha cuestión de equidade e xustiza climática que require a atención inmediata dos gobernos e as institucións financeiras internacionais.
Para acelerar a acción dos gobernos, das empresas, as finanzas, as autoridades locais e a sociedade civil, e escoitar aos "pioneiros", o Secretario Xeral da ONU convocou, para o próximo 20 de setembro, un Cume de Ambición Climática na Sede das Nacións Unidas en Nova York. Este Cume representa un fito político crítico co que demostrar que existe unha vontade global colectiva para acelerar o ritmo e a escala dunha transición xusta cara a unha economía global máis equitativa baseada nas enerxías renovables e resiliente ao clima.
Ambición, credibilidade e implementación
O deseño e os resultados do Cume entregaranse en tres vías de aceleración distintas, pero interrelacionadas: ambición, credibilidade e implementación.
Desde a ambición, agárdase que os líderes gobernamentais (especialmente os principais emisores) presenten contribucións determinadas a nivel nacional actualizadas antes de 2030 (segundo o acordado en Glasgow).
Desde a credibilidade, confíase en que os líderes de empresas, cidades, rexións e institucións financeiras presenten plans de transición aliñados co estándar de credibilidade apoiado pola ONU e presentado no informe "Cuestións de integridade", encargado polo Secretario Xeral da ONU.
Desde a implementación, os líderes dos gobernos, as organizacións internacionais e rexionais, así como as institucións financeiras, o sector privado e a sociedade civil, presentarán asociacións de implementación existentes ou emerxentes que abordan os desafíos e oportunidades relacionados coa aceleración da descarbonización dos sectores de altas emisións (enerxía, transporte marítimo, aviación, aceiro, cemento) ou en brindar xustiza climática (reforma do sistema financeiro internacional, sistemas de alerta temperá, adaptación, perdas e danos).
Fonte e imaxe: ONU