- Este SCRAP materializou un total de 11.002 operacións de recollida deste residuo en 293 municipios galegos, nos que atendeu a 5.231 establecementos (máis da metade son talleres mecánicos).
- Catalogado como refugallo perigoso, a súa correcta xestión durante 2020 baixo os principios da economía circular, realizada malia a COVID-19, evitou a emisión de 4.773 toneladas de CO₂, así como o consumo de máis de 1,3 millóns de barrís de petróleo.
- Este residuo contén importantes recursos materiais e enerxéticos que permiten o seu uso como materia prima na fabricación de novos produtos, xa sexa como nova base lubricante (tratamento prioritario e denominado rexeneración) ou como combustible de uso industrial.
Cerceda, a 3 de setembro de 2021.- Malia a crise derivada da COVID-19, con graves consecuencias a nivel sanitario, social e económico, a xestión do aceite industrial usado, concibida como actividade esencial, continuou o seu curso en 2020.
Non en vano, SIGAUS, o sistema encargado da recuperación deste residuo perigoso en España, materializou 11.002 operacións de recollida de aceite usado en 293 municipios galegos, atendendo a 5.231 establecementos, sendo máis da metade talleres mecánicos.
O aceite industrial usado é un dos residuos perigosos que se xeran en maior cantidade e, debido á súa toxicidade e escasa biodegradabilidade, pode ter importantes efectos negativos sobre a saúde e o medio ambiente. A súa vertedura provoca graves problemas de contaminación e a súa combustión incontrolada conleva a emisión á atmosfera de gases tóxicos. Ademais, resulta especialmente daniño no medio acuático: tan só un litro de aceite industrial usado pode chegar a contaminar ata un millón de litros de auga.
A correcta xestión deste residuo en Galicia evitou a emisión de 4.773 toneladas de CO₂, así como o consumo de máis de 1,3 millóns de barrís de petróleo.
Desde o punto de vista ambiental, a recuperación deste refugallo perigoso ten un importante valor engadido en zonas afastadas, principalmente rurais, onde se atopan a maioría de espazos naturais protexidos e recursos hídricos, e onde habita unha parte importante da flora e fauna protexidas.
VALORIZACIÓN
Unha vez recollido, o aceite usado é analizado en centros de transferencia, onde se determina o seu destino final para ser tratado a través dos diferentes procesos existentes.
Galicia conta con 14 instalacións de xestión de aceites usados, incluíndo 4 plantas de xestión final, 1 de rexeneración e 3 de tratamento previo á súa valorización enerxética.
Trátase dun residuo que, sendo ben xestionado, ten valor na súa totalidade, pois contén importantes recursos materiais e enerxéticos que permiten o seu uso como materia prima na fabricación de novos produtos, xa sexa como nova base lubricante —o tratamento prioritario, denominado rexeneración— ou como combustible de uso industrial.
SOBRE SIGAUS
SIGAUS é o Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) de referencia en España no sector dos aceites industriais usados, cuxas empresas adheridas representan preto do 90% do aceite lubricante que se pon no mercado en España.
Toda a información en www.sigaus.es
Fonte e imaxe: SIGAUS