- O obxectivo é contribuír á viabilidade do sector, que, nos últimos meses, e debido á pandemia do coronavirus, está a experimentar unha redución próxima ao 60% da actividade respecto do nivel rexistrado en 2019.
- O novo modelo aplicarase desde abril de 2020 ata final de ano e, por primeira vez, SIGAUS non financiará ás empresas xestoras en función do volume xestionado este exercicio, senón do xestionado por elas mesmas en 2019, aportándolles unha liña estable de ingresos desvinculados da situación actual.
- No seu conxunto, SIGAUS asumirá un financiamento de 2,2 millóns de euros na recolllida do residuo, o dobre do pasado ano.
Cerceda, a 25 de maio de 2020.-SIGAUS (Sistema de Xestión de Aceites Industriais Usados en España) redeseñou ao completo o seu modelo de financiamento das diferentes operacións de xestión de aceites industriais usados (desde a recollida –incluíndo transporte, análise e almacenamiento– ata o tratamento previo e a rexeneración) co obxectivo de contribuír á viabilidade do sector, que nos últimos meses, e debido á pandemia do coronavirus, está a experimentar unha redución próxima ao 60% de actividade respecto do nivel rexistrado en 2019.
O novo modelo aplicarase desde abril de 2020 ata final de ano e, por primeira vez, SIGAUS non financiará ás empresas xestoras en función do volume xestionado neste exercicio, senón do xestionado por elas mesmas en 2019, aportándolles unha liña estable de ingresos desvinculados da situación actual. Neste marco, o financiamento fixarase multiplicando as toneladas de aceite industrial usado xestionadas nos últimos 9 meses de 2019 por unha cantidade fixa.
Tomando como referencia os resultados dun estudo de custos realizado por unha consultoría internacional independente de recoñecido prestixio, no caso concreto da recollida, abonaranse 22,94 euros por cada tonelada recollida no citado periodo de 2019. Este novo enfoque pode chegar a supoñer un incremento no financiamento das toneladas recollida durante 2020 próximo a 6 veces a cantidade económica abonada o ano pasado.
No seu conxunto, SIGAUS asumirá, entre os meses de abril e decembro de 2020, unha financiamento de 2,2 millóns de euros na recollida do residuo, o dobre do realizado o pasado ano.
Ademais, e co fin de inxectar liquidez no sector, SIGAUS asumirá o esforzo financeiro de adiantar o pago mensual aos xestores de 60 a 30 días desde a data de devengo das facturas correspondentes ás cantidades de aceite industrial usado efectivamente recollidas.
Con estas e otras medidas, SIGAUS garantirá a correcta recuperación e valorización dos aceites industriais usados nestas condicións socioeconómicas adversas, ata que a situación se normalice, á vez que mantén e reforza o seu compromiso de cumprimento das obrigas que, en calidade de SIX, lle impón a normativa ambiental.
Fonte e imaxe: SIGAUS