- Grazas ao labor dunha ampla rede de xestión conformada por un total de 195 instalacións, SIGAUS logrou ofrecer un servizo universal de recollIDA deste residuo perigoso en todo o territorio nacional, atendendo a máis de 70.000 establecementos produtores nun total de 4.846 municipios.
- A regeneración do 73% do aceite usado recollido rexenerable, supuxo superar en 8 puntos o obxectivo establecido pola lexislación vixente.
- O aproveitamento do aceite usado destinado á fabricación de novas bases lubricantes (mediante a súa rexeneración) permitiu evitar a emisión á atmosfera dunhas 65.000 toneladas de CO2 e aforrar o consumo de 29 millóns de barrís desta materia prima.
Cerceda, a 16 de abril de 2020.- SIGAUS segue avanzando con paso firme na súa gran achega á economía circular. Proba disto é a xestión neta, en 2019, dun total de 135.591 toneladas de lubricantes usados en toda España.
O pasado ano, as 245 empresas adscritas a este Sistema Integrado de Xestión, incluíndo 23 novas adhesións, puxeron no mercado un total de 298.460 t de aceites lubricantes, dos cales o 55% destinouse ao sector da automoción (163.027 t) e o 44% (130.859 t) ao sector industrial.
Grazas ao labor dunha ampla rede de xestión conformada por un total de 195 instalacións, en 2019 foi posible ofrecer un servizo universal de recollida deste residuo perigoso en todo o territorio nacional, atendendo a máis de 70.000 establecementos produtores nun total de 4.846 municipios.
Esta rede de xestión fixo acopio dun total de 159.850 t brutas en toda España, incluíndo impropios presentes no residuo recollido, como auga ou sedimentos.
A través do seu Sistema de Información Tecnolóxico (SIT), SIGAUS rexistrou un total de 180.982 operacións distintas de recollida, soportadas por documentos oficiais, sendo a recollida máis frecuente de só 200 kg (un bidón estándar).
As cifras rexistradas por SIGAUS en 2019 confirman, un ano máis, o cumprimento dos obxectivos ecolóxicos que esixe a lexislación vixente: a recuperación do 95% do aceite usado xerado, a valorización do 100% do residuo recollido e a rexeneración de, alomenos, o 65% do aceite usado recollido rexenerable. Neste sentido, a rexeneración de 97.350 t supuxo superar en 8 puntos o devandito obxectivo, xa que representa un 73% do aceite usado recollido rexenerable.
AFORRO DE ENERXÍA, MATERIAS PRIMAS E EMISIÓNS DE CO2
O aproveitamento do aceite usado destinado á fabricación de novas bases lubricantes (mediante a súa rexeneración) permitiu evitar a emisión á atmosfera dunhas 65.000 toneladas de CO2, respecto da súa fabricación a partir do refino do petróleo, e o aforro de 29 millóns de barrís desta materia prima.
Ademais, esta produción de bases a partir de aceites usados requiriu o uso de 1.237 GWh menos que a súa produción convencional mediante refino.
Pola súa banda, as 36.971 t de aceites usados valorizados enerxeticamente en 2019 supuxeron un aforro de enerxía de 34 GWh, un total de 20.260 t de CO2 non emitidas á atmosfera e deixar de utilizar 4 millóns de barrís de petróleo (todo isto en relación á produción convencional de fuel óleo a partir do petróleo).
ANÁLISE QUE VAN ATA O ÚLTIMO DETALLE
Entre outras novidades, os Informes de SIGAUS ofrecen unha detallada análise da xeración do aceite usado no territorio, grazas á disposición de datos estatísticos (poboación, ruralidade ou actividades económicas) e ao xeoposicionamento destes datos de xestión nun sistema de información xeográfico, conseguindo un detalle sen precedentes ata o momento sobre onde e como se xera este residuo perigoso en toda España, prestando especial atención á recolleita en zonas vulnerables ou desfavorecidas.
Fonte e imaxe: SIGAUS