- No marco do Real Decreto 1055/2022, de envases e residuos de envases, non só asumirá a correcta xestión ambiental dos residuos de medicamentos procedentes dos fogares, senón tamén a dos envases xerados en todos os centros sanitarios e nas instalacións da canle farmacéutica
Cerceda, a 7 de agosto de 2023.- O Real Decreto 1055/2022, de envases e residuos de envases, ampliou a responsabilidade de todas as empresas que comercializan produtos envasados no mercado español. Ademais das obrigacións que xa existían respecto dos residuos de envases de orixe doméstica, a partir do próximo ano as empresas terán tamén que organizar e financiar a correcta xestión ambiental dos residuos comerciais e industriais xerados polos seus produtos. No caso do sector farmacéutico, estas novas obrigacións abarcarán a todos os residuos de envases de medicamentos que se xeren nos almacéns da distribución e nos centros sanitarios.
Para dar cumprimento a estas novas obrigacións, os socios de SIGRE (industria, distribuidores e farmacias) decidiron ampliar o ámbito de actuación da entidade, para o que se presentou a correspondente solicitude de autorización administrativa como sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) de envases domésticos, comerciais e industriais.
Deste xeito, SIGRE non só asumirá a correcta xestión ambiental dos residuos de medicamentos procedentes dos fogares, senón tamén a dos envases xerados en todos os centros sanitarios (hospitais, clínicas, ambulatorios etc.)/ etc.) e nas instalacións da canle farmacéutica (distribuidores, operadores loxísticos e farmacias).
Fonte e imaxe: Sigre