- Entre outras cuestións, destaca o impulso que se deu ao ecodeseño ao lograr a redución, nun 1,48%, do peso medio dos envases de medicamentos postos no mercado.
- Pola súa banda, o 62,34% dos materiais de envases de medicamentos recollidos lógrase reciclar, coa particularidade de que un 91% dos consumidores coñece o Punto SIGRE ubicado nas oficinas de farmacia.
- O hábito de depositar os envases e restos de medicamentos no Punto SIGRE está plenamente implantado nos fogares españois e o 95% dos cidadáns considera que non levar a cabo esta práctica perxudica ao medio ambiente.
Cerceda, a 10 de xullo de 2019.- SIGRE, entidade sen ánimo de lucro creada no seu momento para garantir a correcta xestión medioambiental dos envases e restos de medicamentos de carácter doméstico, fixo pública a súa Memoria de Sostibilidade correspondente ao ano 2018.
A través da mesma evidencia o seu firme compromiso, así coma o do sector farmacéutico, coa sostibilidade ambiental e a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas, dando conta do grao de desempeño alcanzado en cada un dos tres alicerces básicos sobre os que se asenta a súa actividade: a prevención en orixe e o impulso do ecodeseño dos envases farmacéuticos, a xestión responsable dos residuos e a sensibilización e concienciación social.
Así, en materia de prevención en orixe e impulso do ecodeseño, destaca a reducción, nun 1,48, do peso medio dos envases postos no mercado.
Na xestión responsable dos residuos, indícase que se logra reciclar o 62,34% dos materiais de envases de medicamentos recollidos.
E, no ámbito da concienciación social, apunta a que un 91% dos consumidores coñece o Punto SIGRE ubicado nas oficinas de farmacia.
Os logros alcanzados son froito da participación e esforzo de laboratorios, oficinas de farmacia e empresas de distribución farmacéutica, así como do apoio recibido das autoridades sanitarias e medioambientais e da confianza depositada polos cidadáns na xestión ambiental desta organización.
O hábito de depositar os envases e restos de medicamentos no Punto SIGRE está plenamente implantado nos fogares españois e o 95% dos cidadáns considera que non levar a cabo esta práctica perxudica ao medio ambiente.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, a Memoria editouse de conformidade cos estándares da Global Reporting Initiative (GRI), ao representar estes as mellores prácticas a nivel global para informar públicamente sobre os impactos ambientais, sociais, económicos e de bo goberno da organización.
A Memoria de Sostibilidade 2018 está dispoñible na páxina web de SIGRE e pode consultarse na súa versión íntegra, así como na súa versión de Resumo Executivo.
Máis información en www.sigre.es
Saúdos, Departamento de Comunicación