- Trátase dun Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (APS) que leva por título “Medicamentos: cal, cando, como”, e cuxo obxectivo é concienciar ao alumnado sobre o uso axeitado dos medicamentos, tanto desde o punto de vista da saúde como do medio ambiente.
- Os centros interesados poden solicitar os materiais formativos a través da páxina web de SIGRE.
Cerceda, a 4 de marzo de 2021.- SIGRE pon a disposición dos centros escolares de secundaria un Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (APS), que leva por título “Medicamentos: “cal, cando, como”, e cuxo obxectivo é concienciar ao alumnado sobre o uso axeitado dos medicamentos, tanto desde o punto de vista da saúde como do medio ambiente.
Trátase dunha unidade didáctica dirixida a estudantes de 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, que lles axudará a desenvolver e alcanzar determinadas competencias básicas. Para isto, os materiais que conforman o Proxecto inclúen distintos contidos relacionados co uso responsable dos medicamentos. É o caso dos prospectos, a organización da caixa de primeiros auxilios doméstica ou a forma correcta de xestionar os medicamentos caducados ou en desuso, así coma os seus envases, que deben ser depositados nos puntos SIGRE habilitados nas farmacias.
Ademais do coñecemento teórico, esta iniciativa contempla igualmente unha serie de actividades prácticas de servizo á comunidade e de amplificación da concienciación que os propios alumnos poden impulsar desde a súa propia contorna.
APS forma parte dunha das liñas estratéxicas de SIGRE, que é a educación ambiental desde as primeiras etapas da escola ata a universidade.
Todos os centros escolares e profesores de Educación Secundaria que desexen incluír estes contidos nas súas accións formativas, poden solicitar os materiais do Proxecto a través dun formulario accesible a través da páxina web desta entidade: https://www.sigre.es/sostenibilidad#educacion
Fonte e imaxe: SIGRE