- Constitúe un modelo de negocio onde os residuos dunha empresa considéranse recursos para outra, promovendo os vínculos intersectoriais e entre ciclos mediante a creación de mercados de materias primas secundarias.
- Malia o potencial da simbiose industrial para o crecemento sostible, segue existindo unha brecha entre os coñecementos e as competencias que os centros formativos imparten e os que require a industria.
- O proxecto INSIGHT, no que participa CETEM, xunto con outros cinco socios, pretende explorar e desenvolver un novo perfil profesional, o facilitador de simbiose industrial, que reúna o conxunto de habilidades e competencias necesarias para desenvolver e implementar este modelo.
Cerceda, a 23 de abril de 2020.- O concepto de simbiose industrial está cobrando protagonismo dado o seu papel esencial na consecución dunha industria máis verde e sostible nun marco de economía circular.
A simbiose industrial é un modelo de negocio onde os residuos dunha empresa considéranse recursos para outra, promovendo os vínculos intersectoriais e entre ciclos mediante a creación de mercados de materias primas secundarias. Este enfoque sistémico dun sistema industrial máis sostible e integrado axudará a contribuír a resolver os problemas de desenvolvemento e ambientais que se suscitan nos obxectivos desenvolvemento sostible.
A figura do facilitador de simbiose industrial nunha empresa estaría a cargo de diferentes tarefas: realizar análise na súa área de influencia, definir e promover sinerxías entre empresas de diferentes sectores e capitalizar nas mesmas os beneficios da economía circular.
Non obstante, e malia o potencial da simbiose industrial para o crecemento sostible, segue existindo unha brecha entre os coñecementos e as competencias que os centros formativos imparten e os que require a industria. Seis socios uniron forzas para explorar e desenvolver un novo perfil profesional, o facilitador de simbiose industrial, que reúna o conxunto de habilidades e competencias necesarias para desenvolver e implementar este modelo.
O pasado 1 de abril, CETEM, Centro Tecnolóxico do Moble e a Madeira, asistiu de xeito telemátic á segunda reunión do proxecto INSIGHT, cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e coordinado pola consultora belga ECORES.
Durante a reunión, o consorcio presentou os resultados obtidos tras realizar un estudo sobre os coñecementos, habilidades e competencias que resultan claves para desenvolver este novo perfil profesional. Con estes resultados puidéronse obter as primeiras liñas de desenvolvemento para o plan formativo que comezará a confeccionase na próxima etapa do proxecto.
O consorcio do proxecto INSIGHT está formado estratexicamente por seis entidades de distintos países que aportan visións diferentes ante unha mesma problemática: unha escola de formación italiana, Sistemi Formativi Confindustria; dous centros tecnolóxicos como son Centrul National Pentru Productie se Consum Durabile (Rumania), e CETEM (España); as consultoras de sostibilidade e circularidade Simbiosy (España) e ECORES (Bélgica) e, como expertos en xestión da innovación, o Parque Tecnolóxico Styrian Technology Park (Eslovenia).
Fontes: CETEM e Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay