- A día de hoxe, un total de 350 entidades das catro provincias galegas atópanse adscritas ao seu programa de autocompostaxe:198 concellos, 130 centros educativos e 22 colectivos sociais.
- O obxectivo desta dotación é contribuír á reciclaxe da materia orgánica en orixe, un sistema con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
- Ademais dos medios materiais, a empresa pública imparte cursos de formación presencias, reforzados con recursos didácticos e divulgativos, a fin de explicar aos participantes o proceso a seguir para obter un compost de alta calidade.
Cerceda, a 10 de xullo de 2020- En sintonía co plan autonómico de xestión de residuos urbanos e o paquete europeo de economía circular, Sogama deu un importante impulso ao seu programa de compostaxe doméstica coa distribución gratuíta, durante os pasados meses, de case 2.400 composteiros, e iso a pesar do estado de alarma provocado pola pandemia do COVID-19.
Esta partida, unida a outras anteriores, fan un total de case 14.000 composteiros repartidos, cuxos destinatarios foron fundamentalmente os concellos, ademais de centros educativos e colectivos sociais, promovendo desta forma a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un sistema con importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Son os entes locais os que, no marco dun acordo con Sogama, encárganse de seleccionar ás familias que, voluntariamente, desexen participar no proxecto. Requisito imprescindible é que estas habiten en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo (hortA, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante, pechando así o ciclo de aproveitamento da materia orgánica, que regresa á terra en forma de abono.
Estes recipientes, con capacidade para 390 litros, están fabricados con materiais reciclados e reciclables ao final da súa vida útil.
Ademais dos medios materiais, a empresa pública imparte cursos de formación presencias a fin de explicar aos veciños o proceso a seguir para obter un compost de alta calidade. Estas sesións compleméntanse coa dotación de manuais didácticos de apoio para que os cidadáns teñan a oportunidade de ampliar os seus coñecementos, consultar dúbidas e tomar boa nota dos erros máis comúns e como emendalos.
PROGRAMA EN EXPANSIÓN
A día de hoxe, un total de 350 entidades das catro provincias galegas atópanse adscritas ao programa de compostaxe doméstica de Sogama: 198 concellos, 130 centros educativos e 22 colectivos sociais.
Recentemente, adheríronse ao mesmo oito novos concellos: A Estrada e Lalín, na provincia de Pontevedra; Trazo, Coristanco, Outes, Camariñas, Mesía e Cerceda, na de A Coruña; e Muras e Taboada, na provincia de Lugo.
Toda a información sobre este programa en www.compostaconsogama.gal.
Saúdos, Departamento de Comunicación