- Un total de 100 unidades entregáronse noutros tantos operadores adscritos ao CRAEGA a fin de que poideran aproveitar los restos vexetais das súas explotacións e transformalos en compost.
- Os 480 restantes distribuíronse entre distintos concellos de Galicia.
- O obxectivo deste proxecto de cooperación tranfronteiriza, liderado pola Universidade do Minho, e no que Sogama participa en calidade de socio, é poñer en valor a materia orgánica e evitar o seu vertido.
Cerceda, a 29 de mayo de 2020.- Dentro das tarefas acometidas por Sogama no marco do proxecto europeo de cooperación transfronteriza Galicia-Norte de Portugal “Res2ValHum”, enmarcado á súa vez no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, no que participa en calidade de socio, esta entidade pública distribuíu 580 compostadores (de 390 e 400 litros de capacidade) entre diversas entidades.
Un total de 100 unidades entregáronse a outros tantos operadores adscritos ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) a fin de que puidesen aproveitar os restos vexetais das súas explotacións e transformalos en compost. As 480 restantes foron repartidas entre concellos das provincias da Coruña (Vedra, Ordes, Cedeira, Paderne e Cabanas), Lugo (Xermade, Monforte, Barreiros e Guitiriz) e Pontevedra (Tui, Bueu e Marín), os cales, á súa vez, fixeron entrega das mesmas en igual número de vivendas unifamiliares a fin de que tivesen a oportunidade de poñer en valor a materia orgánica mediante a súa conversión en compost, un abono natural de alta calidade con excelentes propiedades para o solo.
En todo caso, as vivendas seleccionadas debían cumprir uns determinados requisitos: ser unifamiliares, dispoñer de terreo (horta, xardín ou terra de cultivo) no que aplicar o compost resultante e comprometerse a facer un bo uso do recipiente. Para isto, os participantes recibiron cursos de formación presencial a cargo de persoal técnico de Sogama, que se complementaron coa dotación de material didáctico e divulgativo.
Liderado pola Universidade do Minho, o proxecto ten por obxecto poner en valor a materia orgánica e evitar o seu vertido. Conta coa participación de distintos socios portugueses (CVR-Centro de Valorización de Residuos-; BRAVAL; e LIPOR (Servizo Intermunicipalizado de Xestión de Residuos de Grande Porto), ademais doutros galegos (SOGAMA, CVAN e a Universidade de Santiago de Compostela).
De acordo cos preceptos da economía circular, con esta iniciativa preténdese diminuír o impacto negativo dos residuos sobre o medio ambiente transformando os residuos orgánicos en materia prima para a elaboración de fertilizantes biolóxicos de alta calidade e remediación de solos contaminados, ademais doutros posibles usos vinculados á cosmética e accións terapéuticas. A pretensión última é, en todo caso, xerar produtos de gran valor engadido que tamén poderían abrir a porta a novas áreas de negocio e emprego.
Saúdos, Departamento de Comunicación