- O concelleiro de Servizos, Miguel A Español, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, reuníronse recentemente na sede desta empresa pública en Cerceda.
- O representante municipal manifestou que, se ben as taxas de reciclaxe no municipio son boas, aspira a melloralas en aras dun maior beneficio ambiental e económico.
- Mostrouse satisfeito co programa de compostaxe doméstica iniciado da man de Sogama, e no marco do cal repartíronse 263 composteiros, e solicitou unha ampliación do mesmo coa dotación dunha nova partida de recipientes.
- Concluída a reunión, tanto él como membros do seu equipo, efectuaron un percorrido guiado polo Complexo Medioambiental de Cerceda, onde puideron comprobar o funcionamento da nova planta de recuperación de materiais.
Cerceda, a 23 de setembro de 2019.- O concelleiro de Servizos do Concello de A Guarda (Pontevedra), Miguel A. Español, desprazouse recentemente a Cerceda (A Coruña), xunto con membros do equipo de recollida municipal de residuos, para manter unha xuntanza co presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e estreitar a colaboración para avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos.
Se ben, tal e como manifestou o representante municipal, as taxas locais de reciclaxe están sendo boas, o certo é que o concello aspira a melloralas, toda vez que isto redundará nun maior beneficio ambiental e económico.
MÁIS COMPOSTAXE E MÁIS RECICLAXE
Neste sentido, o concelleiro trasladou o éxito e a boa acollida do programa de compostaxe doméstica que se está desenvolvendo no municipio da man de Sogama e no marco do cal posibilitouse que 263 familias xa estean convertendo en abono a fracción orgánica dos refugallos domésticos. Desta forma, conseguen pechar o ciclo de reciclaxe da mesma e evitan o seu depósito nos contedores verdes xenéricos, minimizando gastos.
É por isto que fará unha petición oficial a Sogama para a subministración dunha nova partida de composteiros a fin de estender as prácticas de autocompostaxe a novas vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín no que aplicar o compost resultante, prevendo levar a cabo campañas de concienciación social en materia de medio ambiente.
Así mesmo, dou conta das limitacións coas que concellos da súa tipoloxía atópanse nos meses de verán para organizar a loxística de recollida e xestión dos residuos, xa que a poboación turística increméntase substancialmente e deben dobrarse esforzos para manter o municipio en boas condicións ambientais e de salubridade.
O obxectivo de Miguel A. Español é reforzar o número de contedores de recollida selectiva nas rúas de A Guarda, seguir impulsando a compostaxe doméstica e optimizar a recollida de vidro no ámbito da hostalaría con novos recipientes adaptados.
PERCORRIDO GUIADO POLO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL
Trala reunión, Javier Domínguez invitou ao concelleiro e acompañantes a facer un percorrido polas instalacións do Complexo Medioambiental de Sogama, onde puideron ver, guiados polo Xefe de Produción da entidade, o itinerario que seguen os residuos, tendo a oportunidade de constatar o bo funcionamento da nova planta de recuperación de materiais contidos no lixo en masa e que permitirá a Sogama incrementar a súa achega á reciclaxe e alcanzar no ano 2020 o vertido técnico cero.
Saúdos, Departamento de Comunicación