- O evento, que terá lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, levarase cabo desde o 11 ao 13 de abril, sendo o seu obxectivo poñer en valor a firme aposta que moitas empresas fixeron pola innovación, a sostibilidade, as enerxías renovables e a eficiencia enerxética
- Neste sentido, cabe lembrar que, a partir da fracción non reciclable contida nos residuos municipais, Sogama produce enerxía suficiente (50% renovable) para abastecer ao 12% dos fogares galegos
Cerceda, a 10 de abril de 2024.- Sogama estará presente, cun stand corporativo, en “Enerxétika 2024”, que se celebrará no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), durante os próximos días 11, 12 e 13 de abril.
O evento concíbese como un espazo destinado a poñer en valor a firme aposta que moitas empresas fixeron pola innovación, a sostibilidade, as enerxías renovables e a eficiencia enerxética, tendo a oportunidade de amosar a súa actividade.
O stand de Sogama estará atendido por educadores especializados, que se encargarán de proporcionar a información e explicacións necesarias sobre o labor desta empresa pública aos visitantes que así o soliciten, contando igualmente con recursos audiovisuais de apoio nos que se emitirán vídeos sobre o funcionamento da súa infraestrutura industrial, así como micros e spots centrados na concienciación social ao redor da xestión sostible dos residuos municipais.
Neste sentido, cabe lembrar que, a partir da fracción non reciclable contida no lixo en masa, Sogama acondiciona un combustible CDR que, posteriormente, alimenta unha planta termoeléctrica para producir enerxía eléctrica, 50% renovable, equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos. Desta forma, a empresa evita que os residuos non reciclables acaben enterrados en vertedoiro, a peor das opcións polo seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.
Programa paralelo de actividades
Enerxétika non se limitirá unicamente á acollida de stands, senón que contará cun estenso e variado programa de conferencias, talleres e seminarios que estará ao dispor dos milleiros de visitantes presentes en cada edición.
Pola súa banda, os profesionais terán a oportunidade de coñecer de primeira man proxectos enerxéticos integrais realizados por algunhas das empresas presentes na feira, coa particularidade de que moitos expositores aproveitarán o evento para realizar accións promocionais ou actos corporativos. De feito, no recinto feiral (de máis de 400.000 m2), habilitarase un circuíto de probas para que o público visitante poida testar e experimentar a condución de vehículos eléctricos, híbridos ou de combustibles alternativos.
Saúdos, Departamento de Comunicación