- Técnicos da Sociedade impartiron no municipio un curso de formación presencial para explicar aos participantes a dinámica a seguir e solventar posibles dúbidas
- Sogama entregou ao ente local 50 composteiros, ademáis doutros tantos manuais didácticos de apoio para distribuir entre as familias adscritas a esta iniciativa
Cerceda, a 20 de decembro de 2024. – Sogama impartiu, no concello lucense de Vilalba, un curso presencial sobre compostaxe doméstica orientado a formar á veciñanza na autoxestión da materia orgánica.
Cómpre lembrar que a ente local adheriuse ao programa impulsado pola empresa pública o pasado mes de outubro, recibindo desta 50 composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, así coma outros tantos manuais didácticos de consulta.
Con esta iniciativa, o Concello pretende impulsar a prevención e a redución de residuos en orixe, e poñer en valor os restos órganicos mediante a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades para o solo, ao que aporta nutrientes e mesmo protexe fronte a pragas e enfermidades.
Durante a formación, técnicos de Sogama explicaron de forma detallada a dinámica a seguir pola parte dos usuarios: dende a propia localización do composteiro, que debe colocarse no exterior das vivendas, nunha zona protexida das inclemencias meteorolóxicas e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, ata os materiais que deben e non deben introducirse no mesmo, así coma o control do proceso (oxígeno, temperatura e humidade).
O obxectivo último é que os participantes obteñan un compost de alta calidade que poida ser aplicado nas súas hortas, xardíns e terras de cultivo con garantías e sen restricións, conforme a normativa vixente.
Moitos dos asistentes xa tiñan experiencia nesta práctica, con gran arraigo no rural, onde a segregación de restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, forma parte da tradición. Coa dotación de composteiros, o proceso modernízase, ademais de resultar máis cómodo e hixiénico.
Saúdos, Departamento de Comunicación