- Os educadores ao servizo desta entidade pública desprazaranse ao centro compostelán mañá e pasado, 8 e 9 de outubro.
- Os conceptos a traballar xirarán en torno aos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe) e á actividade de Sogama, sen esquecer outras cuestións de plena actualidade tales como o desperdicio alimentario, a contaminación por plásticos e a autocompostaxe.
Cerceda, a 7 de outubro de 2019.- Os educadores de Sogama estarán mañá e pasado (7 e 8 de outubro) no CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela para impartir sesións formativas e de concienciación ambiental na xestión sostible de residuos urbanos.
Os conceptos a traballar xirarán sobre o principio dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe), que Sogama complementa coa Recuperación Enerxética, conseguindo producir, a partir da fracción non reciclable, o equivalente ao 12% da electricidade consumida nos fogares galegos.
Así, abordaranse as boas prácticas vinculadas ao consumo responsable, á prevención e diminución da xeración de lixo, ao máximo aproveitamento dos produtos ata esgotar a súa vida útil e á correcta separación dos mesmos, unha vez convertidos en refugallos, especificando o contedor de destino en cada caso a fin de garantir a súa correcta reciclaxe. Recordarase así que o amarelo acolle os envases de plástico, as latas e os briks; o azul, papel/cartón; o iglú verde, os envases de vidro; e o xenérico, a fracción non reciclable.
Tamén se dará conta do proxecto de ampliación do Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda, que conta cunha nova planta para a recuperación dos residuos reciclables depositados por erro no recipiente convencional, conseguindo separar, con tecnoloxías de última xeración, ata 11 tipos de material para propiciar a súa recuperación.
Desta forma, a compañía multiplicará por catro a súa achega á reciclaxe e diminuirá a mínimos o uso do vertedoiro, pretendendo chegar en 2020 ao vertido técnico cero (10%), o que quere dicir que só seguirá este camiño a parte do lixo que non poida ser reciclada nin valorizada enerxeticamente.
Os monitores de Sogama abordarán tamén outras cuestións de gran interese e plena actualidade tales como o desperdicio alimentario, a contaminación por plásticos e a autocompostaxe, que permite converter en compost (un abono natural de alta de calidade) a materia orgánica, pechando así o círculo do seu aprovechamiento e reciclaxe.
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación