Noticias
Sogama lanza un manual con 20 boas prácticas para rebaixar a pegada ecolóxica en distintos ámbitos
- No mesmo recóllese unha vintena de consellos para facer do 2020 un ano redondo e circular.
- Consumo responsable, aforro de auga e enerxía, uso do transporte público, compras locais e de tempada, menos alimentos procesados, evitar o desperdicio de comida, rexeitar a embalaxe excesiva, así coma os artigos de usar e tirar, son algunhas das recomendacións.
Cerceda, a 22 de febreiro de 2020.- Coincidindo co último tramo das rebaixas comerciais, a Sociedade Galega do Medio Ambiente lanza un manual didáctico dirixido á cidadanía no que se recollen 20 consellos cos que contribuír a reducir a pegada ecolóxica e facer de 2020 un ano redondo e circular.
- Consumo responsable. Tamén en época de rebaixas. Non se trata de comprar por comprar, senón de adquirir aquelo que necesitamos, pero a un prezo máis asequible.
- Realmente precisas ese obxecto ou esa prenda coa que te encaprichaches?
- Non acumules aquelo que sabes que non vas a utilizar. Seguro que outras persoas sacaranlle proveito.
- Aforra auga. A ducha, non máis de 5 minutos, tempo equivalente ao gasto de 100 litros do líquido elemento. Utiliza redutores do consumo de auga en duchas, inodoros, billas e aproveita a de cociñar para regar as plantas.
- Aforra en enerxía. Utiliza lámpadas de baixo consumo e apaga as luces cando non as esteas usando.
- Desenchufa os cargadores e non deixes os electrodomésticos en ‘stand by’ xa que seguen utilizando electricidade se están conectados.
- Temperatura equilibrada. O termóstato, no seu sitio. Ollo coa calefacción (non máis de 25ºC en inverno) e co aire acondicionado (non menos de 23ºC en verán).
- Aparca a preguiza. Ponte en marcha: camiña ou pedalea e, cando isto non sexa posible, utiliza o transporte público.
- Reduce o uso do coche particular e compárteo con outras persoas para diminuír emisións de CO2.
- Prioriza a adquisición de artigos producidos baixo criterios ecolóxicos e sociais, así como os comercializados a granel e leva a túa propia bolsa ao mercado.
- Compra produtos locais e de tempada. Contribuirás a diminuír as emisións de CO2, coa particularidade de que os alimentos gañan en sabor, xa que se recollen cando se atopan no seu punto óptimo de maduración.
- Minora o consumo de alimentos procesados. Requiren grandes cantidades de auga e de enerxía na súa elaboración e, por se isto fose pouco, resultan menos saudables.
- Evita os pratos precociñados e prepara as túas propias comidas. Reducirás o consumo de recursos.
- Non desperdicies alimentos. Malgastar comida ten graves consecuencias ambientais, económicas e sociais, ademais de resultar inmoral.
- Rexeita a embalaxe excesiva. Evita os envases plásticos e procura que a embalaxe sexa reciclado e reciclable.
- O usar e tirar tense que acabar. Evita pratos, vasos e cubertos de plástico. Ten a man a túa propia botella de cristal ou termo para beber auga.
- Di non ás palliñas de plástico. Tardan centos de anos en desaparecer. Existen alternativas: palliñas de papel e ata elaboradas con materiais comestibles.
- Cumpre cada día cos tres mandamentos da xestión sostible dos residuos: Reduce, Reutiliza e Recicla.
- Pensa en circular. Saca a máxima rentabilidade aos produtos. Protexerás a contorna e aforrarás diñeiro.
- Toma conciencia. Mentalízate de que toda acción que realizas ten unha consecuencia.
Descarga o manual aquí: http://www.sogama.gal/gl/campanha/rebaixa-t%C3%BAa-pegada-ecol%C3%B3xica
Saúdos, Departamento de Comunicación