- Os recipientes, de 390 litros de capacidade, e fabricados con materiais reciclados e reciclables, súmanse a outra partida anterior de 50 unidades entregada por esta empresa pública no ano 2017.
- A subministración dos mesmos enmárcase no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal “Res2ValHum”, no que Sogama participa en calidade de socio e cuxo obxectivo é poñer en valor a materia orgánica.
- Preto de 90 entidades pontevedresas (concellos, centros educativos e colectivos sociais) atópanse adheridas ao programa de autocompostaxe de Sogama, tendo repartido entre as mesmas da orde de 3.600 composteiros.
Cerceda, a 15 de outubro de 2019.- En resposta á petición do concello pontevedrés de Bueu, a Sociedade Galega do Medio Ambiente subministrou ao ente local un total de 50 composteiros a fin de que poida estender a reciclaxe da materia orgánica a novas vivendas unifamiliares con horta ou xardín.
A dotación de composteiros, de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, enmárcase no proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal “Res2ValHum”, no que Sogama, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a firma CVAN, participan en calidade de socios, sendo o seu obxectivo poñer en valor a materia orgánica e buscar novas aplicacións para o compost que vaian máis aló do seu uso como fertilizante de solos.
Non é a primeira vez que Sogama colabora con este concello no ámbito da autocompostaxe. Xa o fix ono ano 2017 a través da subministración dunha partida conformada por outros 50 recipientes, sumando nestes momentos un total de 100 os entregados nesta localidade.
Os usuarios teñen á súa disposición un sitio web específico www.compostaconsogama.gal a través do cal se proporciona toda a información sobre o programa que lidera esta empresa pública, estando apoiado por diversos recursos didácticos, divulgativos e lúdicos.
Preto de 90 entidades da provincia de Pontevedra (concellos, centros educativos e colectivos sociais) atópanse adheridas ao programa de autocompostxe de Sogama, tendo repartido entre as mesmas da orde de 3.600 composteiros.
En toda Galicia, xa son 314 as entidades adscritas a esta iniciativa, con preto de 10.900 composteiros subministrados por parte de Sogama.
Saúdos, Departamento de Comunicación