- O maiorista internacional METRO e Too Good To Go, a app líder contra o desperdicio alimentario, expanden a súa alianza para loitar conxuntamente contra un fenómeno con negativas consecuencias ambientais, económicas e sociais.
- Too Good To Go tamén está creando o “Movemento contra o desperdicio de comida” para xerar un maior impacto a catro niveis: fogares, negocios, educación e política.
- Con tal fin, presentou iniciativas para mudar o etiquetado dos produtos, preparou material educativo para profesores e estudantes, e ofreceu aos consumidores trucos e consellos sinxelos para evitar o desperdicio de comida na casa.
Cerceda, a 26 de setembro de 2019.- O maiorista internacional METRO, coa intención de reducir á metade o desperdicio de alimentos nas súas propias operacións para 2025, comezou oficialmente unha alianza con Too Good To Go, a app líder contra o desperdicio de comida, en outubro de 2018.
Se ben o acordo inclúe aos dous restaurantes do campus de METRO en Düsseldorf, os restaurantes das tendas de Neuss e Krefeld, Alemaña, e todos os puntos de venda maioristas de Países Baixos, a partir de agora, ampliarase a España, Bélxica, Francia e Italia.
Desde o inicio da cooperación entre ambas entidades en Países Baixos e Alemaña, en xuño de 2019, salvouse case o 90% da comida que se ofreceu na app, tanto das tendas METRO holandesas e os restaurantes das tendas alemás, o que supón máis de 12.000 comidas.
Tanto en Bélxica como en Países Baixos, a app anti-desperdicio de comida empezará ofrecendo produtos das tendas METRO que se atopen próximas á súa data de consumo preferente.
En Italia, Francia e España, METRO promoverá específicamente a concienciación e o uso da app entre o seu principal grupo cliente de hoteleiros, restauradores e provedores de alimentos. Desta forma, poden utilizar a app para asegurarse, por exemplo, de que os buffets de almorzo e os menús das comidas non se desperdician; un xesto co que, non só se respecta o valor da comida, senón tamén ás persoas que a preparan.
Too Good To Go está a crear igualmente o “Movemento contra o desperdicio de comida” para xerar un maior impacto a catro niveis: fogares, negocios, educación e política. Con tal fin, presentou iniciativas para mudar o etiquetado dos produtos, preparou material educativo para profesores e estudantes, e ofreceu aos consumidores trucos e consellos sinxelos para evitar o desperdicio de comida na casa.
UNHA INICIATIVA EN EXPANSIÓN
Too Good To Go naceu en 2016 e ten 13 millóns de usuarios activos que xa salvaron máis de 20 millóns de comidas, cifra que se corresponde con máis de 51.000 toneladas de CO2 evitadas.
Ademais dos seis países implicados na alianza con METRO, Too Good To Go está activa nun total de 13 Estados, incluíndo Austria, Polonia, Portugal, Dinamarca, Noruega, Suiza e Reino Unido, onde restaurantes, supermercados, panaderías, hoteis e outros comercios de alimentación poden vender, a través da app, e a un prezo reducido, o excedente de comida aos clientes.
Fonte e imaxe Financial food
Saúdos, Departamento de Comunicación