- Este centro de innovación aberta en materia de economía circular de Ecoembes, sito en A Rioxa, e que comezou a súa actividade en maio de 2017, xa puxo en marcha máis de 150 proxectos de innovación.
- Estas iniciativas enmárcanse nas catro áreas de investigación que aborda: smartwaste, ciencia cidadá, ecodeseño e emprendemento.
- TheCircularLab emprega a máis de 25 persoas, conta con máis de 200 colaboradores externos, coopera con 30 universidades e centros tecnolóxicos, e polo mesmo xa pasaron máis de 80 estudantes.
Cerceda, a 16 de decembro de 2019- A innovación e a tecnoloxía desempeñan un papel crucial para que os distintos sectores sociais se impliquen de cheo na creación dunha sociedade máis sostible.
TheCircularLab, o centro de innovación aberta en materia de economía circular de Ecoembes, sito en A Rioxa, e que comezou a súa actividade en maio de 2017, xa puxo en marcha máis de 150 proxectos de innovación dentro das catro áreas de investigación que aborda: smartwaste, que integra a xestión intelixente de residuos no ámbito municipal; ciencia cidadá, coa que se busca incrementar a implicación da poboación na reciclaxe; ecodeseño, destinada a crear envases máis sostibles en colaboración coas empresas; e emprendemento, converténdose así nun referente da innovación en materia de medio ambiente e reciclaxe a través da súa aceleradora de startups.
Entre os proxectos desenvolvidos, cabería destacar Reciclaxe 5.0, que consegue conectar ao cidadán co contedor amarelo mediante o recoñecemento de imaxes, webapp e códigos QR. Tamén conta con tecnoloxía incorporada a contedores e papeleiras, para que o cidadán poida “conectarse” a través do seu móbil con estas infraestruturas á hora de reciclar e contabilizar así cantas veces reciclou. Deste xeito, poderá obter recompensas e trocalas logo por incentivos sostibles.
Así mesmo, o ecodeseño ocupa un lugar relevante pola posibilidade que ofrece para o desenvolvemento de envases cada vez máis sostibles. Nesta liña, é preciso facer referencia á ferramenta Packaging Circular Design (PackCD), que ten por obxecto axudar ás empresas a predicir e modificar o impacto ambiental dos seus envases antes de fabricalos. En función das características que o envase vai ter, avalíase a súa sostibilidade e ofrécense recomendacións de mellora, xa aplicables nesa primeira fase de deseño e fabricación, que é a máis crítica porque nela determínase o 80% do impacto ambiental que pode ter un envase.
Do mesmo xeito, e en liña con tecnoloxías como a sensórica ou o Big Data, desde TheCircularLab, en colaboración con Minsait, desenvolveuse Smart Waste, unha plataforma de xestión da información e análise de datos, destinada a optimizar a xestión local dos residuos, mellorar a calidade de vida dos cidadáns e fomentar a súa participación.
Esta plataforma, enmarcada dentro das formulacións transversais das cidades intelixentes, utiliza a información de distintas fontes de datos, como sensores en vehículos, contedores e plantas de selección, e xa se está a ensaiar con éxito en diferentes comunidades autónomas.
COLABORACIÓN: CLAVE DO ÉXITO
Ubicado en Logroño, A Rioxa, TheCircularLab emprega a máis de 25 persoas, conta con máis de 200 colaboradores externos, entre empresas, universidades, centros tecnolóxicos, startups e entidades públicas.
Nos seus dous primeiros anos de vida, pasaron por este centro máis de 80 estudantes, recén licenciados e colaboradores, que participaron nos diversos programas postos en marcha por Ecoembes.
Así mesmo, TheCircularLab colabora con 30 universidades e centros tecnolóxicos repartidos por toda a xeografía española e europea, e xa son máis de 400 participantes os que se uniron ás distintas edicións dos seus workshops, talleres nos que buscan novo talento emprendedor capaz de aportar e desenvolver novas ideas en torno á reciclaxe de envases e a economía circular.
Fonte e imaxe: TheCircularLab
Saúdos, Departamento de Comunicación