- A reciclaxe dun quilo de cartuchos tóner pode ser recuperado na súa totalidade: 442,4 gramos de plástico; 387,3 gramos de ferro; 129,3 de po de tóner; e 41 gramos de aluminio.
- Con carácter previo á entrega en vigor da obriga de reciclar estes consumibles (15 de agosto de 2018), Recyclia puxo en marcha Tragatóner/Tragatinta, configurándose como a primeira iniciativa en España para recoller e xestionar os cartuchos de tóner e tinta das impresoras.
- Desde entón, está a realizar un gran esforzo para achegar os contedores aos usuarios.
Cerceda, a 24 de maio de 2019.- Os materiais contidos nun cartucho de tóner son perfectamente reciclables se se xestionan de forma correcta. Así o acredita unha análise realizada por Recyclia a través das súas fundacións Ecoasimelec, Ecofimática e Ecolum (centradas na xestión de aparellos eléctricos) e a empresa Waste Zero World (WOW).
A tenor desta análise, a reciclaxe dun quilo de cartuchos tóner pode ser recuperado na súa totalidade: 442,4 gramos de plástico; 387,3 gramos de ferro; 129,3 de po de tóner; e 41 gramos de aluminio, constituíndo outro exemplo de economía circular.
Destácase, así mesmo, o rápido desenvolvemento da tecnoloxía de recuperación para cartuchos de impresión, considerados aparellos electrónicos, e cuxa reciclaxe é obrigatoria para os seus fabricantes desde o 15 de xaneiro de 2018.
Todos os materiais recuperados destínanse á fabricación de novos produtos e o po de tóner valorízase enerxeticamente. Non obstante, estase a desenvolver un intenso traballo no ámbito do I+D+i a fin de atopar novas alternativas para a reutilización deste po tales como compoñente en pinturas reflectantes ou para asfaltado de estradas.
Con carácter previo á entrega en vigor da obriga de reciclar estes consumibles, Recyclia puxo en marcha Tragatóner/Tragatinta, configurándose como a primeira iniciativa en España para recoller e xestionar os cartuchos de tóner e tinta das impresoras. Desde entón, está a realizar un gran esforzo para achegar os contedores aos usuarios, procedendo á súa instalación en empresas, organismos públicos ou privados e distribuidores que poden solicitar a súa recollida a través dunha plataforma electrónica.
Así mesmo, pemes e particulares dispoñen xa dun buscador web e, en breve, dunha aplicación móbil para consultar os contedores máis próximos instalados en puntos limpos municipais e establecementos comerciais.
Tragatóner/Tragatinta aproveita a bagaxe dos 15 anos de experiencia de Recyclia na xestión de residuos de aparellos ofimáticos e de impresión a través da fundación Ecofimática, que representa ao 90% dos fabricantes deste tipo de equipos do noso país, e que xestionou 44.000 toneladas de residuos.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación