- Con tal fin, subministrou ao ente local, e de forma gratuita, igual número de composteiros (de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables).
- Esta partida, sumada a outras anteriores, fan un total de 84 os recipientes proporcionados a este municipio lucense por parte da empresa pública.
Cerceda, a 16 de decembro de 2020.- O Concello de Trabada (Lugo), que participou no seu momento, xunto con outros municipios da Mariña lucense, nunha experiencia piloto de autocompostaxe promovida por Sogama, decidiu recorrer de novo a esta entidade pública para seguir traballando na reciclaxe da materia orgánica en orixe.
Con tal fin, a empresa proporcionou ao ente local 30 composteiros, de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, para que sexan entregados noutros tantos fogares que reúnan os requisitos esixidos (vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante, pechando o ciclo da súa recuperación).
Esta partida, sumada a outras anteriores, fan un total de 84 os recipientes subministrados a este Concello por parte de Sogama e de forma gratuita.
Tamén entregará aos participantes manuais didácticos de apoio a fin de que coñezan con detalle a operativa a seguir, identifiquen claramente os materiais que poden e non poden depositarse no composteiro, e leven a cabo un rigoroso control de parámetros de gran interese para obter un abono de alta calidade. É o caso do osíxeno, a temperatura e a humidade.
Máis aló dos seus beneficios ambientais, ao recuperar a materia orgánica en orixe, evítase o depósito desta fracción nos contedores verdes convencionais e, xa que logo, o seu tratamento final, aforrando custos.
Os interesados poderán complementar os seus coñecementos a través do sitio web www.compostaconsogama.gal, no que tamén atoparán recursos divulgativos tales como manuais, vídeos, xogos, etc.
Saúdos, Departamento de Comunicación