- Así se recolle nunha nova publicación lanzada por o WWF, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), EAT e Climate Focus.
- Os sistemas alimentarios -que reúnen todos os elementos e actividades relacionados coa produción, o procesamento, a distribución, a preparación e o consumo de alimentos- representan ata o 37% de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Cerceda, a 21 de outubro de 2020.- Segundo unha nova publicación lanzada por o WWF, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), EAT e Climate Focus, os países poden mellorar as posibilidades de alcanzar os obxectivos climáticos e limitar o quentamento a fins de século mediante a adopción de compromisos máis específicos para transformar os sistemas alimentarios nacionais. De feito, ao considerar as dietas e a perda e o desperdicio de alimentos, poderían contribuír en maior medida á mitigación do cambio climático en aproximadamente un 25%.
Os sistemas alimentarios -que reúnen todos os elementos e actividades relacionados coa produción, o procesamento, a distribución, a preparación e o consumo de alimentos- representan ata o 37% de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro.
A redución da perda e o desperdicio de alimentos, ou o cambio a dietas máis sostibles constitúen a oportunidade de diminuír as emisións ata en 12,5 Gt de CO2e, o que equivalería a retirar 2.700 millóns de automóbiles das estradas.
As 16 medidas identificadas no informe contemplan frear o cambio de uso da terra e a conversión de hábitats naturais, o que minoraría as emisións en 4,6 Gt de CO2e por ano. Pola súa banda, minimizar a perda e o desperdicio de alimentos, que representan o 8% de todas as emisións de GEI, podería evitar 4,5 Gt de CO2e por ano, mentres que a mellora dos métodos de produción da gandeiría e a redución das emisións de metano no sector poderían evitar ata 1,44 Gt de CO2e por ano.
A xuízo da Dra. Gunhild Stordalen, fundadora e presidenta executiva de EAT, "Transformar o sistema alimentario non só é un requisito previo para lograr a Axenda 2030, senón que é tan importante como a transición enerxética para cumprir o Acordo de París. O paso a unha produción rexenerativa e que capte carbono, e a adopción de dietas saudables, predominantemente baseadas en vexetais, asequibles e accesibles, así como a redución á metade do desperdicio e a perda de alimentos, son medidas cruciais que deben incluírse nas NDC dos países e integrarse nos seus plans de acción climática con ambicións claras. Fagamos de esta Década de Acción o período no que logremos un futuro alimentario saudable, sostible e equitativo para todos", agregou.
En 2021 celebrarase o primeiro Cume das Nacións Unidas sobre Sistemas Alimentarios. Tal e como sinalou o Secretario Xeral das Nacións Unidas, António Guterres,"a transformación dos sistemas alimentarios é fundamental para alcanzar todos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible".
Fonte: Nacións Unidas
Imaxe: Pixabay