- Así se recolle no estudo “A educación ambiental na contorna familiar” realizado por More Than Research para Naturaliza
- Ademais, o 80,9% dos enquisados galegos afirma que conciencian aos seus fillos en cuestións ambientais, realizando con eles accións para separar os residuos ou aforrar auga
Cerceda, a 22 de decembro de 2021.- A sociedade galega está, cada vez máis, tomando conciencia do seu importante papel para facer fronte ás problemáticas ambientais. Tanto é así que, segundo o estudo “A educación ambiental na contorna familiar”, elaborado por More Than Research para Naturaliza, tres de cada catro pais e nais aseguran ter un gran interese naquelas novas relacionadas co cambio climático e con asuntos que afectan a contorna.
Neste sentido, o concepto de educación ambiental foi calando entre as familias galegas como ferramenta coa que poder contribuír, dunha forma conxunta, ao coidado e protección da contorna natural. De feito, segundo este mesmo estudo, o 80,9% dos enquisados afirma que difunden e conciencian aos seus fillos en cuestións ambientais, destacando que o hábito que máis practican nos seus fogares é a separación dos residuos para que sexan reciclados, pero tamén outros relacionados coa redución do consumo de enerxía e auga. Ademais, aseguran inculcar aos seus fillos e fillas a importancia de non abandonar residuos na rúa ou espazos naturais.
O 42% dos enquisados a nivel nacional 42% considera que poderían facer aínda máis cousas para aumentar a conciencia ambiental dos seus fillos, mentres que un 55% cre que as actividades que realizan cos pequenos son suficientes.
En relación a estes datos, Nieves Rey, directora de Comunicación e Marketing de Ecoembes, destaca que “todo logro é froito dun traballo colectivo no que cada un de nós temos que achegar a parte que nos corresponde. É moi importante que en casa se inculquen os valores ambientais para que os máis pequenos aprendan que eles tamén poden facer moito polo planeta”.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pexels