- A xornada, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 11:30 horas, no Salón Teatro municipal, será aproveitada para repartir os primeiros 100 composteiros do total de 350 subministrados por Sogama ao concello.
- Técnicos ao servizo desta empresa pública encargaranse de explicar o proceso de autocompostaxe e de resolver as dúbidas trasladadas polos veciños, que recibirán tamén un manual de apoio no que se relata a operativa e dáse resposta ás preguntas máis frecuentes.
Cerceda, a 7 de xullo de 2020.- Técnicos de Sogama desprazaranse mañá, mércores, ao concello de Lalín (Pontevedra) para impartir un curso de formación sobre compostaje doméstico ao que asistirán un centenar de veciños.
A fin de dar debido cumprimento ás medidas sanitarias e de seguridade enmarcadas na crise do COVID-19, o encontro terá lugar, a partir das 11:30 horas, no Salón Teatro municipal, con capacidade para 500 persoas, garantindo desta forma a distancia interpersonal recomendable.
A xornada será aproveitada para repartir os 100 primeiros composteiros dos 350 entregados por Sogama ao concello. O obxectivo é que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para aplicar a técnica de autocompostaxe con garantías: desde a propia ubicación do recipiente, que debe colocarse nunha zona sombreada e protexida, e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais que deben e non deben depositarse no mesmo, así como o control de parámetros claves como son o osíxeno, a humidade e a temperatura.
Técnicos ao servizo de Sogama serán os encargados de explicar o proceso e de resolver as dúbidas trasladadas polos veciños, que recibirán tamén un manual didáctico de apoio no que se relata a operativa e dáse resposta ás preguntas máis frecuentes.
De forma complementaria, teñen á súa disposición un sitio web www.compostaconsogama.gal, a través do cal poderán enriquecer a súa bagaxe con recursos de interese tales como contidos online, vídeos e xogos, elementos todos eles cos que perfeccionar a técnica e recuperar unha práctica tradicional no rural galego, como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis cómoda e hixiénica.
O seguimento da iniciativa levarase a cabo por persoal do concello, que se encargará de visitar os domicilios participantes para comprobar o traballo realizado e, de ser o caso, corrixir posibles erros. Condición indispensable é que as vivendas adscritas ao proxecto sexan unifamiliares e que dispoñan de terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante.
Dado que a materia orgánica representa en torno ao 42% da composición media dunha bolsa de lixo tipo, se esta se recupera en orixe, evítase o seu depósito no contedor verde convencional, contribuíndo a alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Saúdos, Departamento de Comunicación