- Recentemente, SEO/Birdlife presentou unha publicación titulada “100 medidas para a conservación da biodiversidade en contornas urbanas”, que ten por obxecto orientar aos responsables da toma de decisións e políticas a nivel local co fin de que poidan incorporar a conservación da biodiversidade na planificación e xestión de pobos e cidades.
- Así mesmo, e con carácter previo, a Sociedade Española de Ornitoloxía puxo en marcha a campaña “Aves de Barrio”, na que o gorrión eríxese en protagonista debido á preocupante situación pola que atravesa esta especie ao terse constatado unha alarmante redución do número de exemplares.
- A maior concentración de poboación nas urbes require que as solucións aos principais desafíos aos que se enfronta a humanidade teñan lugar nas mesmas, polo que se fai imprescinidible conservar a súa biodiversidade.
Cerceda, a 3 de abril de 2019.- SEO/BirdLife presentou o pasado 21 de marzo unha publicación que leva por título “100 medidas para a conservación da biodiversidade en contornas urbanas” e que se orienta fundamentalmente aos responsables da toma de decisións e políticas a nivel local co fin de que poidan incorporar a conservación da biodiversidade na planificación e xestión de pobos e cidades. A publicación pretende tamén servir de guía para a veciñanza, fomentando a súa participación na naturalización das contornas urbanas.
As 100 medidas, acompañadas por máis de setenta casos prácticos e reflexións, agrúpanse en seis ámbitos: xestión municipal, expansión urbanística, edificios e infraestruturas, infraestruturas verdes, espazos e especies, e educación e participación.
Tal e como sinalou Asunción Ruiz, directora executiva de SEO/BirdLife, “Nun mundo cada vez máis urbanizado, as cidades deben ser máis saudables, máis amables e ofrecer maior calidade de vida aos seus cidadáns; necesitamos un mundo rico en biodiversidade, onde o ser humano e a natureza convivan en harmonía, tamén nas cidades”.
“AVES DE BARRIO”
Así mesmo, e con carácter previo ao lanzamento desta publicación, SEO/BirdLife puxo en marcha a campaña “Aves de Barrio”, tamén co fin de contribuír a mellorar a biodiversidade e calidade de vida nas urbes. O protagonista desta iniciativa é o gorrión, evidenciando así a delicada e preocupante situación pola que atravesa esta especie, que está desaparecendo silenciosamente.
Vinculado desde sempre ao ser humano e con capacidade para adaptarse aos diferentes cambios dos asentamentos humanos, nos últimos tempos, e ano tras ano, viuse diminuír o número de exemplares, sobre todo nas principais capitais europeas. En Berlín, París e Praga, as poboacións diminuíron de forma drástica, despareciendo case por completo en Londres, Bruxelas, Amberes, Gante ou Hamburgo.
En España, durante o período comprendido entre o ano 2008 e 2018, a especie sufriu, segundo o programa de Seguimiento de Aves Comunes en primavera (Sacre) de SEO/BirdLife, un descenso poboacional do 21%. Isto significa que, en tan só unha década, podería haber 30 millóns de gorrións menos.
A campaña Aves de Barrio susténtase sobre tres alicerces: a Ciencia, impulsando o seguimento de poboacións de gorrión común para estudar as causas do seu declive e as súas posibles consecuencias para a calidade de vida dos habitantes das cidades; a Conservación das aves de barrio, implementando e impulsando medidas para axudar ao gorrión común e outras especies que integran a biodiversidade como é o mantemento de zonas verdes ou o deseño e rehabilitación de edificios; e a Comunicación.
AS CIDADES, CENTRO DE LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
A batalla contra o cambio climático débese librar fundamentalmente nas cidades. A día de hoxe, e segundo Nacións Unidas, máis do 55% da poboación mundial habita nas mesmas, prevendo que en 2050 chegue ao 68%.
As cidades representan ao redor de dous terzos da demanda de enerxía primaria e producen o 70% das emisións mundiais de dióxido de carbono. É por iso que as solucións aos principais desafíos aos que se enfronta a humanidade deben resolverse nestes lugares, facéndose imprescindible devolver a natureza e conservar a biodiversidade nos mesmos.
Fonte e imaxe: SEO/BirdLife
Saúdos, Departamento de Comunicación