- Céntrase no consumo e a produción en áreas como o transporte limpo, edificios ecolóxicos e alimentos.
- Axudará a 25 candidatos preseleccionados de América Latina a desenvolver as súas ideas de negocio amigables co planeta durante os próximos dous meses, antes de que os xuíces seleccionen a tres gañadores para participar nun campamento virtual e coñecer a posibles inversores.
- Con esta convocatoria tamén se busca apoiar a recuperación económica tralo COVID-19, alentando aos mozos emprendedores a desenvolver modelos comerciais que axuden ás súas comunidades a reconstruír mellor.
Cerceda, a 27 de xullo de 2020.- Un concurso impulsado polo PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente) pretende potenciar a creatividade dos mozos/as a fin de promover estilos de vida sostibles en áreas tales como o transporte limpo, edificios ecolóxicos e alimentos.
A iniciativa axudará a 25 candidatos preseleccionados de América Latina a desenvolver as súas ideas de negocios amigables co planeta durante os próximos dous meses, antes de que os xuíces seleccionen a tres gañadores para participar nun campamento virtual e ecoinnovación e coñecer a posibles inversores.
Con esta convocatoria tamén se busca apoiar a recuperación económica tralo COVID-19, alentando aos mozos/as emprendedores a desenvolver modelos comerciais que axuden ás súas comunidades a reconstruír mellor, xa que, segundo un informe da ONU, est crise sanitaria evidenciou as debilidades das economías da rexión e profundou nas desigualdades existentes. A isto habería que engadir que, ao redor de 160 millóns de persoas entre 15 e 29 anos viven en América Latina e o Caribe, unha rexión que sofre altas taxas de desemprego e inactividade, problemáticas que poderían empeorar debido á contración económica asociada ao coronavirus.
O campamento será organizado polo Centro de Emprendemento da Universidade dos Andes, en Colombia. Cada gañador recibirá unha achega económica en concepto de asistencia técnica e terá a oportunidade de presentar o seu proxecto a patrocinadores e líderes empresariais, que poderían converterse en futuros inversores e socios.
O concurso é parte do proxecto “Impulsando o Consumo Sostible en América Latina e o Caribe (ICSAL)” que, financiado por a Comisión Europea, traballa con gobernos , empresas e partes interesadas na implementación de políticas que aumenten a sostibilidade no deseño de produtos e a información ao consumidor.
Tamén apoia a Alianza Ambiental de América, unha iniciativa rexional para desenvolver un programa común de ecoetiquetado.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay