- O produto Enovo Egg Carton, de Alzamora Carton Packaging, elaborado con material Baden Board, resultou premiado na categoría de Envase de cartón para alimentos e bebida (fibra reciclada).
- O deseño do envase, sinxelo, innovador e sostible, caracterízase tamén por unha maior protección e visibilidade de marca.
Cerceda, a 28 de xaneiro de 2021.- O xurado dos European Carton Excellence Awards valorou de forma moi positiva o convertedor de cartón Alzamora Carton Packaging. O seu produto Enovo Egg Carton, elaborado con material Baden Board, resultou gañador na categoría de Envase de cartón para alimentos e bebida (fibra reciclada).
O cartón constitúe unha solución sostible e de mellor calidade para o envasado de ovos, pudendo substituír ás alternativas de plástico actualmente dispoñibles no mercado.
O deseño do envase, sinxelo e innovador ao mesmo tempo, consta de dous elementos: unha base de celulosa e unha tapa superior na que se habilitou unha apertura que permite unha fácil extracción dos ovos, coa particularidade de que o envase pódese imprimir en cinco dos seus lados, polo que resulta moi atractivo na estantería e aumenta o seu impacto no punto de venda.
A idea do Enovo Egg Carton concibiuse a partir da investigación de Alzamora sobre os mercados nos que o cartón ten potencial para reemprazar aoutros materiais menos sostibles. A empresa estaba decidida a crear unha solución biodegradable e reciclable co mínimo impacto medioambiental, pero capaz igualmente de permitir a comunicación de valores de marca de calidade. Deste xeito centrouse no deseño dun envase que fose sostible, pero que tamén proporcionase maior estabilidade, protección e visibilidade de marca.
O European Carton Excellence Award é o premio máis prestixioso de Europa para os envases de cartón, material que constitúe un claro exemplo de economía circular dado o seu carácter renovable, reciclable e biodegradable. Así mesmo, configúranse como un dos mellores soportes na comunicación dos valores de marca, xa sexan marcas de luxo ou artigos cotiáns.
Fonte e imaxe: IDE