- Artigo do presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente
Desde a tan soada primeira Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano de Estocolmo, na que se designou o 5 de xuño de cada ano como o Día Mundial do Medio Ambiente, ata hoxe, xa transcorreron 50 anos. Cinco décadas nas que o medio ambiente fíxose un oco na axenda mundial ata converterse actualmente nunha prioridade para a estratexia política, ambiental e social da Unión Europea.
Máis aló da importancia que ten protexer a nosa contorna preservando a biodiversidade e os limitados recursos naturais, xestionando e tratando correctamente os nosos residuos, e loitando contra o cambio climático, coidar o medio ambiente significa tamén potenciar a economía verde e contribuír á cohesión social. En definitiva, avanzar cara á sustentabilidade.
O lema da Conferencia de Estocolmo, celebrada en 1972, “Unha soa Terra”, retómase este ano por parte do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) como homenaxe á extraordinaria traxectoria dunha efeméride que chegou a converterse na cita máis emblemática a nivel ambiental en todo o mundo.
Sogama conmemorou esta data desde a súa creación, en 1992, e así o veu facendo ao longo dos seus 30 anos de vida. Ao igual que este día tan sinalado, a empresa pública que me honro en presidir conseguiu chegar coa súa mensaxe a boa parte dos cidadáns, sendo a súa función protexer o medio ambiente e a saúde pública a través da correcta xestión dos residuos urbanos.
Así que, a por outros 30 anos de progreso. Longa vida ao Día Mundial do Medio Ambiente.
Presidente executivo
Javier Domínguez Lino