- Tal e como explicou Héctor Barco, doutorando pola Universidade de Deusto, o obxectivo deste traballo é saber se, con carácter previo ao impacto do coronavirus, os cidadáns levaban a cabo algún tipo de práctica para reducir o desperdicio alimentario, se esta se mantivo logo da corentena e se se puido sacar algo en positivo desta crise en canto aos hábitos de compra e á propia xestión dos alimentos.
- Tras extraer a información xeral das enquisas realizadas, elaborarán os informes pertinentes nos que analizarán con máis detalle os datos recabados.
- Así mesmo, o 23 de xullo realizarán un webinar co fin de manter un diálogo con todos os interesados sobre os resultados.
Cerceda, a 26 de xuño de 2020.- Héctor Barco, doutorando pola Universidade de Deusto, participa, xunto con outros investigadores de España, Portugal, Ecuador e Alemaña, nun estudo orientado a analizar o comportamento dos fogares no ámbito do desperdicio alimentario, antes e despois do confinamento obrigado polo COVID-19.
Tal e como explicou en Radio Voz, o obxectivo deste traballo é saber se, con carácter previo ao impacto do coronavirus, os cidadáns levaban a cabo algún tipo de práctica para reducir o desperdicio alimentario, se esta se mantivo logo da corentena e se se puido sacar algo en positivo desta crise en canto aos hábitos de compra e á propia xestión dos alimentos.
Desvelou que, nas primeiras enquisas realizadas, a gran maioría das familias consideran que tiran menos comida ao lixo que as demais. Aseguran coñecer o problema e estar sensibilizadas, pero entenden que a responsabilidade da cantidade de alimentos que acaban desperdiciados recae noutros .
É por iso que Barco considera a necesidade de reorientar as campañas de formación e sensibilización para que a poboación tome conciencia de que todos estamos contribuíndo dalgunha forma a esta problemática. Neste sentido, asegura que queda moito por aprender, non só como consumidores, senón como actores da propia cadea alimentaria. Apela ao concepto de economía circular como táboa de salvación, xa que permite consumir menos recursos e xerar menos residuos.
Tras extraer a información xeral das enquisas realizadas, elaborarán os informes pertinentes nos que analizarán con máis detalle os datos recabados. Así mesmo, o 23 de xullo realizarán un webinar a fin de manter un diálogo con todos os interesados sobre os resultados.
A ALIMENTACIÓN, UN DEREITO FUNDAMENTAL
Igualmente, reivindicou o dereito á alimentación como un dereito fundamental, pero a unha alimentación digna e saudable. Avanzou que o grupo de investigadores que traballa neste proxecto, e que abordan o desperdicio alimentario desde distintas disciplinas, xa está pergeñando o próximo proxecto, co que pretenden cuantificar a axuda alimentaria ás persoas máis necesitadas do noso territorio.
Este labor ten como obxectivo, tal e como manifestou Héctor Barco, saber como se podería aproveitar ao máximo a comida antes de que se converta en lixo.
Saúdos, Departamento de Comunicación