- Isto é factible grazas a que os materiais resultantes presentan un alto contido en compostos bioactivos, similar aos vexetais orixinais.
- Estes ingredientes pódense engadir a diferentes alimentos como batidos, zumes, galletas, cereais e iogures para enriquecelos e mellorar a súa composición, servindo igualmente para deseñar complementos alimenticios que poden ser comercializados como nutracéuticos.
Cerceda, a 19 de abril de 2021.- O grupo de investigación en Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Murcia (UMU) demostrou que se poden utilizar os materiais que se refugan no procesamento de froitas e hortalizas para a obtención de ingredientes saudables, grazas a que presentan un alto contido en compostos bioactivos, similar aos vexetais orixinais.
Con este estudo preténdese dar resposta á demanda de alimentos beneficiosos para a saúde por parte dos consumidores, xa que dos residuos vexetais obteríanse compostos cunha concentración significativa de substancias de interese nutricional (principalmente fibra dietética e antioxidantes).
Estes ingredientes pódense engadir a diferentes alimentos como batidos, zumes, galletas, cereais e iogures para enriquecelos e mellorar a súa composición, servindo igualmente para deseñar complementos alimenticios comercializados como nutracéuticos.
Con carácter previo, o grupo científico avaliou a obtención de fibra dietética a partir de refugallosde alcachofa e peles de tomate. Actualmente, e dentro deste estudo, desmostrouse que, tralo proceso de industrialización da frambuesa, pódense obter ingredientes con alto contido en fibra e compostos fenólicos, que actúan como prebióticos, é dicir, que activan o crecemento de bacterias beneficiosas para o intestino, destacando que o efecto prebiótico dos compostos fenólicos é superior ao da fibra dietética. O estudo foi publicado na revista científica LWT-Food Science and and Technology.
Con este traballo quérese fomentar a economía circular reutilizando os residuos para revalorizalos e convertelos en novos produtos, creando novas cadeas de valor.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels