- O documento incide na necesidade de implementar de forma decidida as medidas que apoien os obxectivos de reciclaxe establecidos na lexislación comunitaria.
Cerceda, a 15 de xullo de 2020.- Segundo un informe da Axencia Europea de Medio Ambiente (EEA), barreiras económicas, técnicas e normativas obstaculizan a posibilidade de alcanzar maiores taxas de reciclado na UE. É o caso dos baixos prezos das materias virxes, a capacidade de reciclaxe e a complexidade de certos produtos.
O documento incide na necesidade de implementar de forma decidida as medidas que apoien os obxectivos de reciclaxe establecidos na lexislación comunitaria, coa particularidade de que o desenvolvemento de novas accoçpms políticas, algunhas das cales están incluídas no plan de economía circular 2020 da UE, tamén pode axudar a aumentar os índices de reciclado.
Tomando como referencia as cifras actuais de recuperación, o informe asegura que existe potencial para duplicar a reciclaxe de residuos municipais e electrónicos, e aumentala, nun 30%, no caso dos refugallos de construción e demolición.
Non obstante, as cantidades recicladas destes tres fluxos de residuos aumentaron nos últimos anos. As directivas da UE, como a Directiva marco sobre residuos e a Directiva sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), impulsaron este incremento.
O novo marco de política de economía circular esixe manter os materiais na economía o maior tempo posible e o seu valor o máis alto posible. O obxectivo actual de reciclaxe do 65% dos residuos municipais para 2035 ten como meta explotar gran parte do potencial de recuperación deste fluxo de residuos.
Informe: «The case for increased recycling: estimating the potential for recycling in Europe ».
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay