- Dirixido polo Instituto para o Futuro Sostible da Universidade Tecnolóxica de Sidney, a investigación avoga por levar a moda cara a un sistema no que a saúde humana e ecolóxica sexan o primeiro.
Cerceda, a 25 de maio de 2022.- A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta e os expertos sinalan que as estratexias existentes para abordar a insostibilidade deste sector, como é o caso do uso de máis materiais reciclados na moda rápida ou os esquemas de etiquetaxe, non chegan a cuestionar a problemática dominante da industria, que é precisamente modelo económico.
Unha investigación, dirixida polo Instituto para o Futuro Sostible da Universidade Tecnolóxica de Sidney, avoga por levar a moda máis aló do crecemento e encamiñala cara a un sistema no que a saúde humana e ecolóxica sexan o primeiro.
Usando o concepto de 'economía do benestar', un termo xeral para describir conceptos económicos alternativos ao crecemento, a investigación identificou catro principios reitores para redirixir o sector da moda de tal forma que funcione en interese do ben común:
- Establecer límites para reducir canto se produce e consome de acordo cos límites planetarios.
- Promover a equidade para garantir a xustiza social a nivel mundial.
- Crear unha gobernanza sa e xusta para asegurar que a transición sexa inclusiva e participativa.
- Adoptar novos sistemas de intercambio onde a roupa e os textiles se proporcionen de maneira que non dependan da sobreprodución e o consumo excesivo.
A Dra. Samantha Sharpe, directora de investigación do Instituto para o Futuro Sostible da Universidade Tecnolóxica de Sídney, destaca que: "Todos somos conscientes dos impactos ambientais do sector, as emisións de carbono, a contaminación da auga e o crecente problema dos refugallos téxtiles e da roupa, e tamén estamos moi familiarizados cos estándares de sostibilidade social deficientes en toda a cadea de subministración. Isto é despois de anos, décadas nalgúns casos, de tratar de abordar estes problemas. Necesitamos urxentemente mirar o sector dunha nova maneira. Debemos cambiar o enfoque do crecemento, a causa da sobreprodución e o consumo, e poñelo no benestar”.
Fonte: Retema
Imaxe: Pexels